Foz, 13 de novembro de 2015.- A nova A.N.P.A. do Colexio Martínez Otero de Foz, organiza o vindeiro Mércores 18 de Novembro, ás 19h, unha charla informativa sobre o Meningococo “B” e a nova vacina proposta pola Asociación Española de Pediatría, que terá lugar no salón de actos do mencionado colexio.
Nesta charla, trataranse temas como a necesidade da vacina Bexsero e a súa pauta de administración , ademáis os pais e nais terán ocasión de preguntarlle tódalas súas dúbidas ó Dr. Assad Abadi Abadi, pediatra no Hospital da Costa e á farmacéutica Lda. Dª Antonia Ulloa do Concello de Foz.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



