XOVE .- Ginés Rodríguez Fernández, José Vigo Lage e Marta Álvarez, foron os gañadores do primeira xornada da campionato de bolos do Concello de Xove na tirada que se celebrou en Lago, nunha tarde con boa temperatura, soleada, co campo en perfectas condicións. Esta liga conta con 33 inscritos nas categorías sénior, sub 18 e feminina.
NOTA DE PRENSA.-
XXIª TIRADA DE BOLOS
Xª SUB 18 (TEMPORADA 2009/2010)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
Autoescuela Mundial Xove
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE LAGO (10 OUTUBRO 2009)
==== 33 INSCRITOS: 19 NA LIGA SENIOR, 7 NA LIGA SUB 18 E 7 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACION
|
NOME | TANTOS |
PUNTOS |
|
LIGA SENIOR |
|||
| PRIMEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ |
172 |
12 |
| SEGUNDO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA |
158 |
10 |
| TERCEIRO | FÉLIX MÉNDEZ GALDO |
155 |
8 |
| CUARTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA |
150 |
7 |
| QUINTO | MODESTO ALBO VIDAL |
143 |
6 |
| SEXTO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ |
141 |
5 |
| SÉTIMO | ARTURO VIGO CASABELLA |
138 |
4 |
| OITAVO | AUGUSTO ALBO OCAMPO |
138 |
3 |
| NOVENO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
135 |
2 |
| DÉCIMO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO |
134 |
1 |
| MELLOR BOLADA | AUGUSTO ALBO OCAMPO |
68 |
1 |
|
LIGA SUB 18 |
|||
| PRMEIRO | JOSE VIGO LAGE |
149 |
6 |
| SEGUNDO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO |
117 |
4 |
| TERCEIRO | LANDER DONOSO REDONDO |
104 |
3 |
| CUARTO | ALEX MEITÍN SERANTES |
103 |
2 |
| QUINTO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS |
98 |
1 |
| MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE |
61 |
1 |
|
LIGA FEMININA |
|||
| PRMEIRO | MARTA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ |
92 |
6 |
| SEGUNDO | CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑO |
42 |
4 |
| TERCEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA |
39 |
3 |
| CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
33 |
2 |
| QUINTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
30 |
1 |
INCIDENCIAS DA 1ª TIRADA
(Centro Social de Lago – Sábado, 10 de outubro 2009)
-Tarde expléndida e moi soleada, con altas temperaturas. O campo en perfectas condicións.
-33 inscritos, 19 na Liga Senior, 7 na Sub 18 e 7 na Liga Feminina
Liga de Maiores.- A primeira victoria nesta nova boleira correspondeulle a un xogador de Lago, a Ginés Rodríguez Fernández, un dos principais favoritos ao trunfo final, quen despois de moitos segundos e terceiros postos finais, comeza forte esta Liga a ver se por fín consigue gañala. Decir que tódolos xogadores notaron grandemente o parón estival, e nas vindeira tiradas irán collendo ritmo de competición.
Os tanteos nesta temporada van ser xeralmente máis baixos que nas anteriores debido a que este ano desaparece a Liña do 20, co cal, loxicamente, as boladas son máis pequenas porque só contan os bolos na Liña do 10.
Liga Sub 18.- Victoria de Jose Vigo Lage con 149 tantos, impoñéndose con claridade e rotundidade aos seus contrincantes. A puntuación obtida por Jose Vigo houbéralle valido para quedar quinto na categoría senior. Mois bos tanteos tamén os dos seus compañeiros (Cristian, Andrés, Lander, Alex, etc.), que demostran que cada vez están máis cerca do nivel dos maiores, e que cando se produza o salto á categoría superior, o van a facer con tódalas garantías.
Liga Feminina.- Victoria de Marta Álvarez, que non nos sorprende, dado que é das poucas mulleres do noso Concello que participou cíclicamente nas tiradas municipais, dahí que coñeza ben o xogo. Segunda foi Claudia Mariña, unha xove estudiante do IES Illa de Sarón que participa por primeira vez no torneo debido ás Xornada que a Concellería de Cultura fixo no IES Illa de Sarón. Dolores Baño e Salomé Bermúdez, que quedaron terceira e cuarta respectivamente, son mulleres de xogadores, e inda están en fase de aprendizaxe; cremos que a súa presenza no Torneo vai ser contínua, dahí que esperamos que mellaren moito nas vindeiras tiradas.
Inda que non é a primeira vez que participan mulleres no campionato, si é a primeira que van a competir entre elas. Neste sentido, estamos moi satisfeiros, dado que para ser o primeiro día e que teñamos 7 participando é todo un logro.
As mulleres, ademáis de participar nesta Liga, tamén participan ao mesmo tempo, segundo as idades que teñan, nas Ligas Senior e Sub 18, polo que as súas posibilidades aumentan.
A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE PALMEIRO O VINDEIRO SÁBADO, 17 DE OUTUBRO DE 2009.



















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



