Burela, 19 de novembro de 2015.- O Correlingua celebrarase en Burela o 5 de maio de 2016. Serán mil escolares de toda a comarca os que participen nesa xornada reivindicativa, segundo deu a coñecer este xoves ó mediodía o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor contou que “para 2016 o Concello vai colaborar, participar e axudar en todo o que podamos co Correlingua. Onte tiven a primeira reunión cos representes do Correlingua e chegamos á primeira conclusión, que vai ser a nosa intención de participar en todo aquilo que nos reclamen, participar dunha maneira activa e colaborar de forma eficaz naquilo que nos parece importante, como é unha xornada para reivindicar o noso idioma. É importante que se faga e dende os colexios e institutos da comarca, moito mellor. Calculamos que van participar nesta nova edición do Correlinga que se vai celebrar en Burela o día 5 maio unhas 1000 persoas procedentes de diferentes concellos e institutos da comarca, o que quere dicir que é unha cuestión moi importante. O Concello vai colaborar na organización, imos ver como podemos facer para colaborar institucionalmente e economicamente posiblemente tamén neste Correlingua”.
Alfredo Llano seguiu a relatar que “dixemos que iamos realizar a maioría dos actos na praza da Mariña e o tema deportivo e as andainas dende a praia da Marosa á praza da Mariña. Xa temos configurado o que é o primeiro borrador, o que imos intentar realizar de aquí ao mes de maio. Imos ter unha reunión nova en xaneiro ou febreiro para pechar o programa definitivo, pero nós como Concello imos colabora e estamos contentos de que veña o Correlingua a Burela, no que xa participamos noutras ocasións”.
E engadiu que “tamén imos aproveitar a ocasión para que os diferentes colexios e participantes que veñen ao concello para pasarlles información do que poden visitar noso pobo, como pode ser o porto, as pinturas da Vila do Medio, o Monte Castelo. Nos aportaremos e facilitaremos que vaian a aquelas cousas que nos parecen interesantes, como tamén pode ser o Barco Museo. Aí estamos para colaborar”.
Xuntanza na Deputación
O alcalde viaxou este xoves a Lugo para manter un encontro co presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos: “falamos de cara ao vindeiro ano 2016 de cousas que precisa e que poden ser de interese para Burela. Refírome a posibles asfaltados ou reparacións de estradas, plans de emprego e de formación, etc. Serían proxectos a realizar no 2016 con cargo aos orzamentos da Deputación”.
Llano tildou o encontro coma “moi positivo”.





















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



