A asociación Villas Marineras, á que pertence o Concello de Viveiro, convocou un concurso de ideas para escoller o galardón do premio “Villas Marineras”, que se concederá anualmente a aquela persoa ou institución que se considere merecedor do mesmo pola súa defensa, exaltación ou difusión dos valores, gastronomía ou atractivos de cada unha das localidades pertencentes á mesma.
Esta asociación considera que o oportuno é que este galardón sexa realizado por artistas dos concellos membros da mesma e, por iso, este anuncio vai dirixido a todos os artistas e creativos de Laredo, Santoña, San Vicente da Barqueira, Llanes, Ribadesella, Viveiro, Ortigueira, Sanxenxo e Baiona, que estean interesados en presentar un proxecto para devandito galardón en calquera tipo de expresión artística (xa sexa escultura, pintura, gravado…) pero que represente os elementos comúns que unen a todas as vilas da asociación.
O proxecto deberá incluír o logo da Asociación e vir acompañado dunha memoria que recolla medidas e materiais do deseño.
O artista premiado cederá os dereitos de uso da obra á mesma.
O autor do proxecto gañador recibirá 1.000 euros.
A data límite para presentar as propostas será ata o 1 de decembro de 2015 ás 14.00 horas, na sé da Xerencia da Asociación, sita en Oficina de Turismo de Ribadesella, Paseo princesa Letizia, s/n, 33560 Ribadesella, Asturias, en horario de martes a sábado de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas e domingos de 11.00 a 14.00 horas.
Posteriormente, será a Xunta Directiva de Vilas Marineras a que elixa a proposta máis interesante. A organización resérvase o dereito de declarar deserto o concurso.
Os artistas interesados poden contactar coa Asociación Vilas Marineras por teléfono, no 985 86 00 38 ou por correo electrónico gerencia@villasmarineras.es.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



