Lugo, 20 de novembro de 2015.- O Grupo Provincial Socialista da Deputación de Lugo quixo agradecer publicamente aos Alcaldes da provincia o “seu incondicional e máis firme apoio”, que 27 dos 24 Rexedores do PSOE que en total hai na provincia quixeron brindar por iniciativa propia aos 10 Deputados socialistas a través dun manifesto. Fixérono “para deixar claro que non hai ningún tipo de división no PSOE de Lugo e zanxar xa este debate. A ninguén lle gusta a situación na que se atopa Martínez, pero hai uns feitos gravísimos que son incuestionables, e ante os cales o partido, cos seus Estatutos, ten que actuar. As normas son para todos, tanto para os militantes recen chegados, como para os que levan 20, 30, 40 ou 50 anos. Non hai excepcións”. Así o destacou Darío Campos Conde.
O manifesto é de 24 Alcaldes do PSOE, todos agás Castroverde, Navia de Suarna e O Incio, cuxa Alcaldesa quixo aclarar que non o facía “por non entrar en conflito algún, non porque non lle dea o seu apoio ao grupo”. Campos Conde quixo remarcar que “non hai, nin haberá, ningún problema cos Alcaldes que non o asinaron. Enténdoos. Esta non é unha situación agradable para ninguén do partido”, remarcou Campos Conde.
Cómpre destacar que actualmente son 27 os Alcaldes do PSOE na provincia, pois o de Becerreá xa non o é ao estar expulsado provisionalmente do partido, tal e como o resolveu esta semana a Comisión Executiva Federal.
Manifesto dos Alcaldes
Os Alcaldes socialistas da provincia de Lugo manifestaron aos 10 Deputados do Grupo Provincial Socialista o seguinte: “1.- O noso incondicional apoio ó Presidente da Deputación, ó socialista e compañeiro Darío Campos Conde. 2.- O noso incondicional apoio ó Grupo Provincial Socialista na Deputación de Lugo, ós seus 10 Deputados socialistas e compañeiros que o integran. 3.- O noso incondicional e máis firme apoio a todas as decisións do Presidente e dos nosos compañeiros no Grupo Provincial Socialista dende o pasado 24 de xuño e durante todo o mandato actual na Deputación (2015-2019) para garantir a continuidade do goberno de progreso no organismo provincial que ratificaron os nosos veciños nas pasadas eleccións municipais. Os lucenses déronnos un apoio sen precedentes o 24 de maio, facendo que o PSOE acadase os mellores resultados da súa historia na provincia. A nosa responsabilidade e prioridade é centrar os nosos esforzos para seguir traballando conxuntamente dende todas as administracións e dar resposta ás necesidades dos nosos veciños, e contribuír á continuidade do proxecto socialista na provincia, en Galicia e no conxunto do Estado”, remata o manifesto.
Acordos das dúas reunións cos Alcaldes
O líder do Grupo Provincial Socialista explicou que houbo dúas reunións cos Alcaldes durante as negociacións con Martínez para recuperar a Deputación. Na primeira, acordaron conceder a Martínez un prazo, o que el estimase, pero que non se alongase no tempo, para que el mesmo negociase co BNG a súa candidatura á presidencia. Pola súa banda, Martínez comprometeuse a que, se pasado este prazo non conseguía o apoio necesario do BNG, el mesmo apoiaría, incondicionalmente, a Darío Campos Conde como candidato á presidencia.
Na segunda reunión, Martínez, que non conseguira o apoio do BNG, non só non cumpriu coa palabra dada a todos os seus compañeiros, é dicir, apoiar a Darío Campos Conde sen condicións, senón que presentou un documento con duras esixencias. Reclamaba a Vicepresidencia, Vías e Obras, Parque Móbil, ser o responsable último de todas as áreas da Deputación dirixidas polos socialistas e ata ter delegadas na súa persoa ás competencias da Presidencia ou pasar a ser o Presidente de haber unha desimputación.
“Non se lle prometeu estar na Xunta de Goberno”
Finalmente, xunto cos Alcaldes, conseguiuse chegar a un acordo e propoñer a Martínez que fose o responsable de Vías e Obras e Parque Móbil, e que tivese unha dedicación exclusiva. “Non lle prometemos estar na Xunta de Goberno. E el mesmo nos dixo que isto non tiña importancia, aínda que quería estar. Dixémoslle que íamos a pelexar para que estivese, pois era necesario que o refrendase o BNG que xa non confiaba na súa persoa. E así o fixemos”, aclarou Campos.
Cumprindo coa palabra dada, creouse unha delegación específica dentro da área de Xestión Territorial, que estaría dirixida por Argelio Fernández, para que Martínez se responsabilizase de Vías e Obras e Parque Móbil, ademais de ter unha dedicación exclusiva. Con todo, non o aceptou. “Non se puido ser máis xeneroso con el. Ningún outro Deputado, que temos as mesmas obrigas e dereitos que Martínez, fixemos esixencia algunha. O 99% dos militantes do PSOE nunca chegaría aos extremos aos que chegou Martínez”.




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



