Mondoñedo, 21 de novembro de 2015.- O Concello de Mondoñedo programa varios actos para o vindeiro 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, cos que buscan unir os esforzos de todos e todas na loita pola igualdade e no rexeitamento ante calquera manifestación da violencia de xénero.
Os actos están dirixidos tanto aos máis mozos e mozas como aos adultos co propósito de concienciar sobre un dos principais problemas sociais e políticos. Así, celebrarase unha charla no IES San Rosendo sobre violencia de xénero dirixida ao alumnado e na que participará a asesoría xurídica do CIM e o sarxento da Garda Civil de Mondoñedo.
Amais, o programa continúa ás 11:30 horas, cunha mesa informativa sobre a violencia de xénero a cargo do persoal do CIM na Praza do Concello. Ás 13:00 horas será a lectura do manifesto contra esta lacra social a cargo da concelleira de Benestar, Muller e Facenda, Ángeles Rodríguez Rico, na Praza do Concello.
Por último, ás 17:00 horas na celebrarase o obradoiro ‘Camiño ao respecto’, dirixido a nenos e nenas, mozas e mozas, que organiza a Casa da Xuventude. No caso de choiva terá lugar no propio edificio da Casa da Xuventude.
A alcaldesa, Elena Candia, subliña a importancia dunha loita “que nos debe implicar a todos, desde os máis novos aos maiores, e coa que o Concello de Mondoñedo está e estará sempre sensibilizado”.
A rexedora agradece o traballo levado a cabo polas Concellerías de Servizos Sociais e Muller, dirixida por Ángeles Rodríguez, e de Xuventude, a cargo de Alberto García, quen subliña a importancia de “traballar de xeito activo cos máis novos para erradicar esta lacra e contribuír a que vexan a importancia de vivir en igualdade”.





















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



