Lugo, 6 de decembro de 2015.- Os candidatos socialistas ao Congreso e ao Senado, Margarita Pérez Herraiz e Ricardo Varela, participaron este domingo en Lugo no aniversario da aprobación da Constitución de 1978. “É o gran legado dos nosos maiores, un legado de dereitos e liberdades do que nos sentimos orgullosos e agradecidos. Pero agora tócanos a nós reforzala e poñela ao día e á hora da España do século XXI e asegurar aos nosos fillos e netos un futuro de máis dereitos, máis liberdades e oportunidades. Hoxe están en xogo a educación, a sanidade, as pensións e a convivencia. É o momento de renovar o consenso de 1978 e reforzar a nosa gran Constitución. O compromiso do PSOE é convocar a todas as forzas políticas a renovar ese compromiso de futuro coa maioría que pide cambio”, remarcaron.
“A Constitución proporcionounos os mellores anos da nosa historia. Fixo posible a garantía dos dereitos e liberdades, dos fundamentos do Estado social, a participación democrática na toma de decisións, o desenvolvemento dunha profunda descentralización política a partir do recoñecemento da diversidade do noso país, e, con todo o anterior, o incremento do benestar dos cidadáns e da convivencia en harmonía de todos eles”.
“Os socialistas sentímonos orgullosos da nosa Constitución, da nosa participación na súa elaboración e aprobación, e da nosa decisiva achega a súa aplicación e desenvolvemento pola lexislación ordinaria. Sen embargo, a crise económica e as respostas dadas polos poderes públicos á mesma, minaron a confianza dos cidadáns no orde político emerxido da Constitución, en tal medida que aquela crise estendeuse ata incorporar manifestacións claras dunha crise social, política, territorial e institucional”.
A España de 2015 non é a de 1978
“A España de 2015 non é a de 1978. É unha España na que a metade da poboación non participou na aprobación da Constitución e hoxe reclama o seu espazo. É unha España máis moderna, máis rica, decididamente descentralizada, integrada na Unión Europea, inmersa na globalización económica, afectada por unhas tecnoloxías da información e a comunicación que cambiaron a forma de entender o mundo e, tamén, a forma de facer política e de xestionar os asuntos públicos. É unha España constituída por millóns de cidadáns máis plurais, máis heteroxéneos, máis formados, máis participativos e máis esixentes á hora de reclamar o funcionamento eficaz das súas institucións e o respecto aos seus dereitos e liberdades”.
“Esta nova realidade non tivo reflexo, ata agora, en reformas parciais da Constitución para adecuala ás necesidades e solicitudes dos novos tempos, para texer e refacer permanentemente os consensos políticos e cidadáns que caracterizaron a súa aprobación. O noso Estado agora necesita remodelarse para un novo largo período de convivencia co obxectivo fundamental de garantir o progreso, a paz social, a estabilidade política e a solidariedade territorial entre as xeracións vivas, como un legado político que debemos deixar ás futuras”
4 razóns fundamentais que avalan a reforma constitucional
“Os socialistas defendemos catro razóns fundamentais que avalan a necesidade dunha reforma constitucional:
1.- que a realidade transformouse tan profundamente que necesitamos estender e garantir con suficiencia os dereitos fundamentais, singularmente os dereitos sociais básicos.
2.- que a experiencia destes case 40 anos puxo de relieve a existencia de institucións e mecanismos que non cobren de maneira axeitada os obxectivos do Estado democrático e as esixencias de calidade democrática que demanda a cidadanía.
3.- que a Constitución deixou practicamente en branco o modelo territorial, polo que hai que regular constitucionalmente o que en 1978 se deixou moi aberto e sen precisar, actualizando e relegitimando o noso modelo para mellorar a convivencia entre españois e fortalecer a nosa unión cidadá.
4.- que a nosa vocación europeístas esíxenos reforzar o compromiso coa Unión Europea máis social e decidida á integración, articulando con ela a nosa relación, mellor e máis intensamente, dende a propia norma constitucional”.
“Sabemos que nin a Constitución resolve por si soa todos os problemas da nosa convivencia, nin hai que recoller nela todas as respostas que os novos tempos esixen. Algunhas das reformas que necesitamos poden levarse a cabo mediante decisións normativas de rango ordinario; outras requiren formalmente a reforma constitucional ou, canto menos, merécena para dotalas da proxección simbólica que contén; e outras so necesitan duna cultura política máis democrática e colaborativa”.
Pacto e apoio da gran maioría política e cidadá
“Os socialistas cremos que o tempo para reformar a Constitución chegou. E tamén cremos que este convicción é compartida pola cidadanía. Debemos afrontar a reforma constitucional sen medo, con ilusión e con esperanza. E tamén, sobre todo, coa vontade de diálogo e acordo. “Sabemos que a reforma da Constitución, en canto instrumento esencial da convivencia, só terá sentido si é froito do pacto, se conta co apoio da gran maioría das forzas políticas e da cidadanía”.


















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



