Bruselas, 10 de Decembro de 2015. A Portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, e representantes das Plataformas galegas de Emigrantes Retornados realizan unha avaliación moi positiva da axenda de traballo levada a cabo en Bruxelas durante estes dous días.
As Plataformas de Vigo, Pontevedra, Barbanza, Costa da Morte, O Salnés, do Baixo Miño, da Coruña, Santiago, Ourense e incluso delegacións de Suiza, iniciaron unha serie de encontros e reunións de traballo no Parlamento Europeo grazas á iniciativa do BNG. Unha visita na que mantiveron unha xunta na Eurocámara co Secretariado da Comisión de Peticións da Eurocámara, e logo varios encontros con eurodiputados nacionalistas de EH Bildu, ERC, Compromís, entre outras.
Á súa volta hoxe, Ana Miranda sinalou que “é preciso facer unha avaliación moi positiva, sobre todo porque xestionamos que se axilice a denuncia presentada na Comisión de Peticións do Parlamento europeo”. Ademáis, resaltou o feito de vernos con representantes de diferentes grupos políticos, que nos dixeron que van apoiar a denuncia cando se fundamente”.
Explicou Miranda que para trasladar estes problemas serven os escanos nacionalistas aportouse nova documentación e información, que se enviará durante estes días. E especialmente, subliñou, a importanza de ter feito unha interlocución directa coas institucións europeas. Finalmente, “fixemos unha acción mediática diante da Comisión Europea porque “se trata de visibilizar un problema que afecta a miles de pensionistas emigrantes retornados, e que se non solucionamos, seguirá a afectar aos nosos emigrantes no futuro”.
Pola súa parte Alexandre Lago, da Plataforma de Emigrantes Retornados de Vigo, puxo de manifesto que “percibimos receptividade por parte da Comisión de Peticións que nos comunicou a imediata resolución das nosas denuncias, que só pretenden conseguer un trato xusto e equitativo cos emigrantes retornados, que se elimine a retroactividade da tributación das pensións do estranxeiro, que se acaten os Convenios Bilaterais e se acepten as pensións de invalidez e de incapacidade”.
Finalmente, Xosé Lois Leirós, da Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés, tamén fixo unha conclusión moi positiva da receptividade que atoparon tanto por parte das institucións europeas como por parte doutros grupos parlamentares. “Percibimos interese e entendemos que a nosa denuncia terá éxito. Queremos trasladarlle aos emigrantes retornados as nosas esperanzas de resolución do trato discriminatorio que recibimos”.




















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



