Lugo, 15 de decembro de 2015.- O portavoz do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, asegurou este martes que “non podemos permitir que alguén que perde as formas e emprega a demagoxia como argumento, chegue a presidente do Goberno”. Barreiro referiuse así á situación vivida onte no cara a cara electoral, no transcurso dun almorzo con empresarios en Sarria no que tamén estivo presente o Conselleiro de Economía, Francisco Conde.
O líder dos populares en Lugo explicou que onte se viu a un “presidente rigoroso e con datos” fronte a un Sánchez “desesperado, mentindo e facendo demagoxia”. Asegurou que o líder do PSOE mentiu en economía, en pensións, en sanidade, en educación e “tamén no rescate”. “Non sabe distinguir entre un rescate país e unha liña de crédito á banca, este é o seu nivel de coñecemento sobre a política económica”, matizou José Manuel Barreiro.
Barreiro afirmou que Rajoy foi “o gañador rotundo” do debate. “Todos vimos a un Presidente cun proxecto claro de futuro para España, fronte a un Pedro Sánchez que perdeu as formas e tirou de insultos”. O candidato popular ao Senado por Lugo recordou que sempre que o PSOE gobernou levou a España á bancarrota e indicou que “logo da intervención de Sánchez no debate ninguén pode crer que os socialistas vaian crear emprego, a impulsar o crecemento ou a controlar o déficit público”.
“Os lucenses somos de gobernos sólidos e coherentes e non imos permitir que o vindeiro domingo se traslade a España o modelo de desgoberno da Deputación e o Concello de Lugo, ou o dos pasados bipartitos e tripartitos que tivemos en Galicia”, destacou José Manuel Barreiro. Subliñou que está en xogo a recuperación e o benestar; o emprego de millóns de españois; o futuro dos nosos fillos; as pensións das nosas maiores; a unidade de España; a vixencia da Constitución; a viabilidad dunha sanidade e unha educación universais e a nosa reputación en Europa.
José Manuel Barreiro afirmou que “o que une aos tres candidatos a xefes da oposición é que son homes de maquillaxe, de focos e de cámaras, que pretenden gañar as eleccións nun plató de televisión” fronte ao Partido Popular, que quere gañalas “na rúa, coñecendo os problemas das persoas”.
Barreiro recordou que “votando a Mariano Rajoy sabemos o que pasará cos nosos votos, sabemos quen vai gobernar e que políticas se van a levar a cabo”. Por iso, concluíu, é importante que “ninguén manipule o teu voto”.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



