A Mariña, 15 de decembro de 2015.- A candidata ao congreso Olalla Rodil mantivo unha reunión cun grupo de persoas do colectivo de Emigrantes Retornados na Mariña que levan case tres anos loitando por un trato xusto por parte da facenda española. A candidata acompañada doutras persoas que fan parte da coalición Nós – Candidatura Galega deu o seu apoio ao colectivo como o levan facendo desde fai anos a xente do BNG aquí, nos concellos, na Deputación, no Parlamento Galego, no Congreso e no Parlamento Europeo.
Olalla Rodil reafirmou o compromiso de Nós – Candidatura Galega cos emigrantes retornados, “conseguir un trato xusto, que se elimine a retroactividade da tributación das pensións do estranxeiro, que se acaten os Convenios Bilaterais e se acepten as pensións de invalidez implica modificar o sistema tributario e fiscal para poñelo ao servizo das persoas e de Galiza, e non dos lobbies financeiros”.
Non temos dúbida, afirmou, “que as persoas estafadas pola axencia tributaria en ningún caso tiñan ánimo de defraudar, ao contrario, son vítimas do ánimo recadatorio da facenda española que non ten alma nin consideración coas capas mais débiles da sociedade e actúa como cómplice dos auténticos evasores fiscais poñendo ao seu servizo ferramentas evasorascomo as SICAVs ou a amnistía fiscal que premiou en 2013 aos Barcenas de turno”, precisou Olalla Rodil.
Reformas no sistema público de pensións e seguranza social
As sucesivas reformas regresivas sobre as pensións e a seguranza social reduciron e empeoraron o acceso ás pensións contributivas, atrasando a idade efectiva da xubilación, rebaixándoa aos que acceden ao sistema, conxelándoa e incrementándoa por baixo do IPC, actuando con maior virulencia na Galiza por termos as pensións máis baixas de todo o Estado español e a poboación máis avellentada.
Nós – Candidatura Galega aposta por traspasar a Galiza a competencia da xestión do réxime económico da Seguranza Social previsto no Estatuto de Autonomía. Aplicar o superávit da Seguridade Social á dotación do Fondo de Reserva e á mellora da acción protectora do sistema. Derrogar as reformas das pensións. Mellorar as pensións do nivel contributivo e non contributivo da Seguranza Social e do réxime especial, revogando as reformas de extensión da idade de xubilación e o período de cálculo da pensión. Lograr o dereito a unha pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional. Revalorizar as pensións, como mínimo cada ano, igual ao IPC. Estabelecer a xubilación ordinaria aos 65 anos e voluntaria con 35 anos cotizados. Eliminar as discriminacións ou penalizacións existentes nas condicións legais de acceso á pensión daquelas persoas empregadas a tempo parcial. Conseguir pensións dignas (como mínimo iguais ao SMI) para as persoas con diversidade funcional imposibilitadas para traballar. Recoñecer un salario de inserción laboral para todas as persoas que non cobraren ningún tipo de prestación económica.



















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



