Burela, a 16 de decembro de 2015.- O Grupo Municipal Popular no concello de Burela afirmou este mércores que “o goberno socialista da parálisis xa está retrasando os pagos do concello ós proveedores, o que pode ocasionar problemas de liquidez ós propios proveedores”.
“Así se desprende, segundo o GMP, dun informe de intervención dado a coñecer hai quince días, no que se indica que o retraso en pagar é de sesenta e un días. O que incumple claramente a Lei de Morosidade, que esixe que non se supere os trinta días”.
Para os populares, “o único culpable desta situación é o alcalde, porque tén que poñer a traballar ós seus concelleiros. Son os concelleiros os que teñen que asinar o ‘conforme’ das facturas, pero como algún pasa días sen ir polo concello, como é o caso da concelleira de Facenda, así se chega a este importante retraso, porque intervención non paga si os concelleiros non conforman as facturas. Decir que esto co goberno do PP non se deu nunca desde que houbo que pedir o crédito para pagar as facturas que deixou o bipartito”.
Os populares indican que “no concello non hai problemas de liquidez, xa que lles quedaron en caixa cáseque setencentos mil euros, e un remanente de cáseque un millón trescentos mil euros, ademáis de ter pendiente de cobro toda a contribución, que se acerca ós dous millóns de euros. O que hai é absoluta falta de traballo por parte do goberno da parálisis”.
Por outra parte, o GMP asegura que “xa aparecen facturas de comidas, algo que o PSOE criticou con dureza nos catro anos anteriores; e tamén algunha factura de consumicións, por exemplo unha dun céntrico bar da localidade por importe de 43’00€: se queren tomar as cañas, que as paguen do seu bolsillo. E esto non é o que decían cando estaban na oposición, dado que desas comidas e desas consumicións, que se saiba, os veciños non sacaron ningún proveito, xa que o resultado da xestión nestes seis meses é igual a cero”.
Finalmente, os populares piden que “se corrixa inmediatamente o retraso no pago a proveedores, e que as comidas que se carguen ó concello sexan aquelas das que os veciños poidan ver resultados. Se non é así, que as paguen do seu peto, e tamén as consumicións”.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



