San Cibrao, 16 de decembro de 2015.- O feito de que CC.OO dese o apoio á CIG para ocupar a Presidencia do Comité de Empresa pero que acto seguido renunciase a ocupar a Secretaria do Comité que lle ofrecía a CIG, só ten un obxectivo desde o punto de vista do sindicato de USO, (Unión Sindical Obrera), e que sencillamente consiste en obrigar á CIG a gobernar en minoría para que acabe “queimándose” xa que lle será moi difícil sacar as súas propostas ao non asegurarse unha maioría de votos. CC.OO demostrou que xoga a dúas bandas xa que se desde un principio non tiña previsto axudar á CIG a levar as rendas do Comité, sinxelamente podía dar o seu apoio á UXT, que era o máis habitual dado a maior afinidade que teñen estes dous sindicatos entre si e a empresa, tamén vería esta opción con mellores ollos.
A CIG, que anos atrás xa estivo gobernando 4 anos con CC.OO debería terse asegurando antes os termos de cooperación e, por suposto, recollido por escrito e asinado, para desta forma impedir ser traizoado á hora de gobernar. Se isto non se consegue con antelación, é mellor ceder o protagonismo e evitar máis adiante a posible renuncia da presidencia alegando que che deixan gobernar porque non tes apoio do resto dos sindicatos.
Na anterior experiencia de cooperación CIG e CCOO, ao final, a CIG tivo nas posteriores eleccións sindicais un forte castigo electoral por parte dos seus votantes que non estiveron conformes coa experiencia de dita alianza.





















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



