Ribadeo, 28 de abril de 2026. Todo está preparado en Ribadeo para a celebración do Foro Industria, Emprego e Innovación, que se celebrará o vindeiro xoves, 30 de abril, no CFPA Pedro Murias.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “está todo preparado para acoller o Foro Conecta Ribadeo, un foro que quere falar de industria, de emprego, de innovación e desde logo desde o Concello traballamos para que se sigan asentando empresas na nosa localidade, que sigan emprendendo, que sigan abrindo negocios, empresas, en definitiva, que Ribadeo siga avanzando como un polo de emprego, autoemprego, de industria e tamén de innovación”.
O rexedor comentou: “aparte de tomar decisións para loitar para que veñan empresas para Ribadeo, tamén queremos que estes foros sexan imáns para atraer empresas para falar de futuro. A industria é clave na nosa comarca, tamén no noso concello, a innovación, o emprego ou autoemprego. Cremos desde o Concello que falar nestes foros e poñer encima da mesa políticas para medrar, para atraer, para consolidar empresas, eu creo que é importantísimo”.
Vega contou que “a primeira das mesas vai estar constituída por Chus Lorenzana, que é a conselleira de Economía e Industria de Galicia, tamén van estar os conselleiros da mesma rama de Asturias. Tamén vai estar a conselleira de Medio Rural. Creo que é un debate clave que as máximas autoridades de ambas comunidades que están a levar proxectos empresariais no rural, nas vilas, a industria e a innovación falen e poñan en común as materias importantes para seguir avanzando”.
O alcalde ribadense manifestou: “tamén en materia empresarial eu creo que hai que escoitar ás empresas, darlles a palabra, escoitar as propostas e queremos contar coa colaboración de Ángel Miranda, que é o director da División Agrogandeira de Clun, tamén Rubén Hidalgo, que é o director de Inversión de Impacto do Grupo Central Lechera Asturiana, Álvaro Platero, o vicepresidente de Gondán, e tamén Luis López, que é o director xeral de Industrial Recense. A empresa é clave para que sigan avanzando as nosas localidades. E Ribadeo creo que está dando un exemplo de busca de empresas, falar en foros que tamén son imáns para que sigan asentándose en Ribadeo e tamén queremos falar coa administración, cos secretarios, cos directores xerais que están levando o día a día, como pode ser Covadonga Toca, que é a directora xeral do IGAPE, Pablo Fernández, o secretario xeral do Emprego da Xunta de Galicia, o xerente do Servizo Público do Empregado do Principado de Asturias, a directora xeral de Estratexia e do Modelo de Rexión e de Tracción de Inversións do Principado de Asturias, en definitiva dúas comunidades que se encontran, que queren falar, debater e poñer propostas encima da mesa en Ribadeo”.
E engadiu: “o local onde faremos este evento é Pedro Murías, que é un sitio onde estamos colaborando conxuntamente coa Xunta, coa dirección deste centro para poñer en valor un edificio que fala de formación, que fala tamén de foros, que facemos eventos en definitiva poñer en valor un dos edificios máis importantes de Ribadeo. Espero contar con todos, contar con máis industria, con máis emprego e, desde logo, seguir avanzando desde a innovación para Ribadeo”.























O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



