Burela, 16 de decembro de 2015. O alcalde, Alfredo Llano, asegurou que o principal obxectivo do seu goberno é traballar no interese dos veciños do municipio e que nos seis meses que leva á fronte da administración local se fixeron máis cousas que nos catro anos anteriores de xestión do PP. Ademais, Llano anunciou que os orzamentos para 2016 se presentarán ao pleno ordinario de xaneiro.
Sobre as críticas realizadas nas últimas horas desde o PP o rexedor burelés dixo: “hai que ser pouco consciente do que se di cando se está criticando a nosa data dos orzamentos, que por certo, aproveito para dicir que nos mes de xaneiro imos levalos ao pleno ordinario. Podiamos facer un pleno extraordinario en decembro ou en xaneiro, pero vaise facer no ordinario de xaneiro. Estamos traballando neles e espero que sexan uns orzamentos que beneficien ao conxunto dos veciños de Burela. Hai que ter moi pouca responsabilidade cando se nos está culpando de que non fixemos os orzamentos, cando eles o ano pasado os presentaron case no verán. Coherencia, cero. Que non se fixo nada no Concello? Fíxose máis nos seis meses que levamos no goberno de Burela que fixeron no seu conxunto nos catro anos anteriores. Estamos traballando e procurando facer unha labor axeitada, acorde coas necesidades de Burela, tratando de actuar en moitas frontes ao mesmo tempo”.
Alfredo Llano asegurou que “non hai máis que dar unha volta polo pobo para ver que é o que se está facendo ou non. E non soamente iso, tamén na maneira de xestión estamos procurando dentro das nosas posibilidades facelo o mellor posible. Evidentemente é o noso obxectivo, traballar para todos os veciños de Burela e facer un pobo atractivo no social, no económico e no cultural, como en todo aquilo que mereza a pena para o noso pobo, hai que traballar e evidentemente é o que estamos facendo. Non lle dou máis voltas ao asunto. É unha pena que faga eses comentarios o señor Barcia, que diga que aquí cero patatero, cando o cero patatero xa se verá de onde procede, xa se verá quen o fixo durante catro anos. É unha pena que fagan estas manifestacións, por dicir algo para poñer un pouco ao día as críticas ao equipo de goberno, soamente por iso”.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



