Burela, 16 de decembro de 2015.- O Burela FS Pescados Rubén continúa sen erro na Copa Galicia. Na tarde deste mércores impúxose 3-2 ao Poio Pescamar FSF en Vista Alegre, no seu segundo compromiso na competición.
Comezaron moi enchufadas as laranxas. No primeiro minuto a máxima artilleira burelista xa adiantaba o Pescados Rubén 2-0. Aos 38 segundos tras balón parado e pouco despois superando a meta pontevedresa e recollendo o rexeitamento ao pau; antes xa dispuxeran as de Lucas dunha gran contra entre Peque e Lara. No entanto, o encontro adquiriu un ritmo frenético, con continuas idas e vidas, que axiña prexudicou os intereses mariñáns. No minuto 2, Jenni reduciu ao 2-1, nunha liorta na área en tentativas encadeadas de despexe por parte de Eva. Co paso dos minutos, ambas as escuadras deceleraron na súa ansiedade e tomaron posicións sobre a pista. Superado o ecuador da primeira parte, Maite concedeulle un balón cruzado a Lara que desbaratou Yarie. Eva e a capitá burelista estiveron moi atentas no que puido ser a igualada do Poio, no minuto 13, cun lanzamento de Moldes que ao final se perdeu pola liña de fondo, desviado. A pichichi laranxa dispuxo de novo dunha das mellores ocasións das de Lucas, antes de chegar ao descanso, a punto de cumprirse o minuto 18; o pau impediu subir o terceiro para as da casa.
No reinicio, o primeiro aviso tivo como protagonista a Jenni, cun balón raso que rozou o pau ante a defensa de Jozi. No entanto, paseniño as filas burelistas foron buscando ocos para atopar de novo a portería rival. No 26, intentouno Ceci dende a banda, con despexe da defensa pontevedresa; no 27, Peque puxo en pé a bancada laranxa, superando en galopada as filas do Poio e por fin chegou o terceiro. Ceci ampliou a fenda, asistida por Maite nunha recuperación. Con cinco faltas, o Poio optou por xogo de cinco nos últimos seis minutos. Pouco despois, Peque tamén se enfundou na camisola de porteira xogadora indo a por todas. Porén, aí atoparon oco as pontenvedresas para reducir co 3-2, de Jenni, a falta de 1 minuto 22 segundos, sen tempo para máis.
Olivo FSF
O Burela FS Pescados Rubén disputará o terceiro e último compromiso de grupos de Copa Galicia. Será na pista viguesa do Olivo FSF, de Autonómica, a partir das 21.15 horas.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Eva, Peque, Gaby, Lara, Bea Mateos, cinco inicial; tamen xogaron Ceci, Maite, Judith, Jozi
Poio Pescamar FSF: Yarie, Ale, Yoli, Jenni, Jessi, cinco inicial; tamén xogaron Elena, Claudia, Pipi, Moldes, Charo
Goles: 1-0, minuto 1, Gaby; 2-0, minuto 1, Gaby; 2-1, minuto 2, Jenni; 3-1, minuto 29, Ceci; 3-2, minuto 38, Jenni
Árbitros: Jordi Villanueva // Juan Rey
Incidencias: Partido correspondente á fase de grupos da Copa Galicia disputado en Vista Alegre ante uns 300 afeccionados. Taquilla solidaria destinada á Asociación Protectora de Animais Bigotes de Burela.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
