Estrasburgo, 17 de decembro de 2015.- Que a Comisión Europea está fortemente influenciada polo lobby pro-transxénico é, lamentabelmente, unha realidade ben coñecida. Non obstante, non deixa de resultar fondamente indignante cando esta institución, que supostamente ten que representar a vontade da poboación comunitaria, despreza a opinión pública europea maioritariamente contraria aos organismos xeneticamente modificados.
Este mércores o Parlamento Europeo (PE) aprobou unha resolución que insta á Comisión Europea a derogar a súa Decisión de Execución (UE) 2015/2279, pola que o pasado 4 de decembro autorizou a “comercialización de produtos que estean compostos de millo modificado xeneticamente NK603 × T25 (MON-ØØ6Ø3-6 × ACS-ZMØØ3-2), que o conteñan ou se teñan producido a partir del”.
Segundo o práctica lexislativa, malia a que non se trata dun procedemento de co-lexislación senón de consulta, a Comisión tiña a obriga de presentar un borrador ao Parlamento para coñecer a súa opinión antes de tomar a decisión de aprobar a comercialización deste millo. Porén, malia a contar xa ca posición contraria da Comisión de Medioambiente do Parlamento Europeo dende o día 1 de decembro, a Comisión non so a obviou, senón que nin tan sequera agardou a coñecer a opinión do Parlamento en sesión plenaria, dando mostra dun ninguneo cara as responsabilidades da Eurocámara totalmente intolerábel, e mesmo non respectando incluso o propio procedemento.
A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, acusou á Comisión de estar “tentando eludir o debate dos organismos xeneticamente modificados”, dando unha mostra do forte poder que as multinacionais da industria transxénica opera sobre as institucións europeas.
Aliás, tanto na resolución aprobada onte en sesión plenaria como na aprobada pola Comisión de Medioambiente do PE, sinálaselle á Comisión que o actual sistema de aprobación para os alimentos modificados xeneticamente non está funcionando correctamente e advírteselle que non é coherente ca lexislación da Unión ao ser incompatíbel co propósito dos Regulamentos (CE) 1829/2003 e (CE) 396/20, polo que “resulta realmente indignante que a Comisión non so desoia por completo estas advertencias, senón que ademais estea a optar por oporse frontalmente ás indicacións do Parlamento”.
“A sociedade europea non queremos os transxénicos, moitas persoas somos conscientes dos efectos negativos dos organismos xeneticamente modificados” -entre os que destacan as afeccións na saúde humana e o deterioro do medioambiente-, “e tamén as labregas e labregos, que padecemos moi de perto a súa ditadura das patentes e a imposición do actual sistema agroindustrial”, reiterou a eurodeputada galega.
Fronte ao acontecido ca autorización deste millo transxénico, Senra esixiu á Comisión Europea “que cumpra dunha vez por todas ca súa función, que é precisamente velar polos intereses xerais da UE comprobando que se cumpre a lexislación comunitaria”, e que deixe de protagonizar “manipulacións da vontade lexislativa da UE tan vergoñentas e perigosas para a poboación como esta”.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



