Foz, 17 de decembro de 2015.- Entre os días 9 e 17 de decembro, o Colexio Martínez Otero de Foz, levou adiante a súa tradicional campaña Nadal Solidario, en colaboración con Cáritas Parroquial de Foz; a campaña consistiu nun tempo de sensibilización sobre as persoas que teñen máis necesidades cá nós e que viven no noso pobo, esa sensibilización tradúcese nunha acción concreta, que consiste no aporte ao centro, e posterior posta a disposición de Cáritas Parroquial, de alimentos non perecedoiros ou con caducidade longa. Hoxe darémoslle remate a esta campañ co trasplado aos locais de Cáritas de todo o recadado, máis de 20 caixas con produtos non perecedoiros, de hixiene persoal e cueiros de bebé.
Este xoves, día 17, e organizado pola ANPA do centro, os máis pequenos da familia recibiron a visita das SS.MM Os Reis Magos de Oriente, tiveron ocasión de entregarlles as súas cartas e charlar un anaquiño con cada un deles.
Esta campaña ten como remate festivo a tradicional velada de Nadal, que se celebra no colexio os días 17 e 18, o 17 pàra as familias, e exalumnos/as e o 18 para alumnado.
Na velada, presentada polo alumnado de 4º da ESO, haberá variedade de números: panxoliñas, representacións teatrais , bailes … ata unha homenaxe ao humor do século XX, pasando por percusión en vivo.
Asimesmo, xa está aberto ao público o Belén, elaborado polo profesorado e alumnado de ESO; está instalado na porta principal do colexio.
Este xoves 17, sae á luz o número 113 da revista Vieiro, con traballos do alumnado sobre o Nadal e outros temas de variado interés.





















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



