Lugo, 17 de decembro de 2015.- O candidato ao Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo, Jaime de Olano, defende que non “podemos perder a oportunidade de consolidar a recuperación: fixar novas empresas e seguir creando emprego”. Así o expuxo nun mitin en A Pontenova no que estivo acompañado polo coordinador de campaña do PP, José Manuel Balseiro, polo conselleiro de Economía, Francisco Conde, e polo presidente do PP local, David Álvarez.
Ao longo destas dúas semanas Jaime de Olano dedicouse a realizar un balance dos logros do Goberno de Rajoy, así como a identificar os retos da Comarca. O candidato ao Congreso mantivo encontros con profesionais de todos os sectores, con veciños e veciñas e con asociacións de cara a avanzar na consolidación e na recuperación económica do país.
Jaime de Olano subliñou que a tendencia xa mudou a positiva, como así reflicte o dato de que en A Mariña hai 835 parados menos que en xaneiro de 2012, “o que demostra que co PP a cifra de empregados medra”, engadiu. En concreto, no conxunto do Estado, creáronse un millón de empregos desde febreiro de 2014.
O coordinador da campaña do PP, José Manuel Balseiro, remarcou que só o PP se preocupa pola Comarca e que os demais partidos son desleais con ela e co seu crecemento. “O impulso aos proxectos importantes vén de man do PP como pode verse coa ampliación do hospital da Costa, o corredor ou o tramo da autovía entre San Cibrao e Barreiros”.
Antes do mitin, os representantes do PP mantiveron un encontro de traballo coa Asociación de Comerciantes de Mondoñedo e fixeron unha visita á unha das empresas punteiras da mariña oriental, Industrial Recense. En presenza do conselleiro de Economía, os emprendedores e industriais analizaron os proxectos para impulsar comercialmente A Mariña.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



