Ribadeo, 23 de decembro de 2015.- O prazo para inscribirse de xeito presencial na San Silvestre 2015 de Ribadeo remata este mércores, aínda que poderá facerse de maneira online ata o día 25 a través da web www.championchipnorte.com. A San Silvestre celébrase, como manda a tradición, o día 31 de decembro, e polo momento van case 500 persoas inscritas.
Na edición deste ano, organizada polo Concello de Ribadeo e a Área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, compiten catro categorías: a Mini San Silvestre para menores de 4 anos, a Mini San Silvestre para nenos de entre 4 a 7 anos, a Milla, entre os 8 e os 11 anos, e a San Silvestre xeral, 5.000 metros para os maiores de 11 anos, con saída ás 17 horas.
A San Silvestre mantén o formato das últimas edicións, se ben se aumenta nunha carreira para nenos e nenas de ata catro anos e contará cunha categoría para handbikes e vehículos adaptados.
Os premios consistirán en diñeiro en metálico e trofeos para os tres primeiros absolutos, masculinos e femininos, e os tres primeiros ribadenses, masculinos e femininos. Haberá medallas para os tres primeiros do resto das categorías e trofeos para o gañador e gañadora das Minis San Silvestre e da Milla, así como para o participante de menor e maior idade que remate a carreira, feminino e masculino. Os premios non serán acumulativos.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
