Burela, 23 de decembro de 2015.- O alcalde, Alfredo Llano, criticou as actitudes do portavoz do PP en Burela, José María González Barcia, ao que acusa de actuar como un goberno paralelo nas súas reunións con representantes da Xunta para abordar cuestións como a nova EDAR. Asegura o rexedor que o portavoz se salta as relacións institucionais e que o equipo de goberno está ao tanto de todas as novidades desta depuradora.
Alfredo Llano afirmou: “teño que manifestar que hai unha cousa que non se entende moi ben, que o portavoz do PP anda facendo reunión paralelas, como se houbese gobernos paralelos, anunciando obras e que todo vai moi ben, cando el tivo a súa oportunidade de facelo en catro anos e realmente non se fixo nada en firme. Agora aparece fotografado e dicindo cousas como se fose un representante institucional de algo. Penso e dígoo con toda a seriedade: están dando unha moi mala imaxe do que deben ser as institucións e os cargos públicos. O que non podemos é presumir de que nos reunimos con alguén por ser do mesmo grupo político”.
O alcalde burelés considera que “aquí estase facendo un desprezo absoluto aos veciños de Burela dicindo que se atende ou non a unha persoa porque é dun partido ou doutro. Parece que só se atenden entre eles, que se levan moi ben e está todo moi bonito, que se achegan perfectamente porque as institucións son dun grupo político determinado, en lugar de estar traballando para toda a xente, para o ben común e todos os veciños, para formar parte dunha institución representando a todos e non só a un partido. Paréceme que esta imaxe é moi triste”.
O rexedor dixo que “anda por aí o señor Barcia presumindo de que se está reunindo con A, B ou C e que está facendo xestións. Cando puido facelas non as fixo e, agora que está na oposición, está intentando facelas, negando a relación institucional, que é o que debe de haber. O que non podemos facer é dicirlles aos veciños que aquí as políticas fanse exclusivamente de partido a partido. Iso non pode ser, as institucións están para garantir o ben común e traballar para todos, non para cuestións persoais ou do propio partido”.
Llano tamén asegura estar completamente ao día en todo o que atinxe á depuradora: “non é certo que nós non esteamos ao tanto de como están os proxectos da nova EDAR. Fixemos sempre un seguimento, incluso estando na oposición, que lle dixemos ao señor Barcia que onde el a poñía no PXOM non era o sitio máis idóneo. Ao final tivo que darnos a razón, tivo que volver recuperar a localización da EDAR. Dixémoslle que había que facela pegada á que hai agora e ampliar aquela zona ou poñer unha área adxacente que hai alí preto para ampliar e ter unha depuradora máis adecuada á nova normativa e unha boa aplicación da EDAR, que debe estar baseada en procedementos biolóxicos e non en procedementos químicos, como está agora”.
O alcalde de Burela engadiu que “sempre tivemos moito interese en facer unha EDAR en Burela, xa cando estábamos na oposición, e agora que estamos no goberno xa fixemos dúas reunións cos responsables da administración galega para ver como vai o proxecto, onde se vai situar e o orzamento que hai. Que non fun eu? Que importa, foron dous representantes do goberno. Un deles foi o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández e outro a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Ben. O que se entende é que vaia quen vaia teñen que traer boas noticias de Santiago, iso é o que queremos que se faga. Tanto representa un coma outro, non creo que me informaran mellor a min que aos concelleiros. Xa fomos dúas veces e temos o máximo interese en facer unha depuradora, estamos ao tanto de todo o que esta pasando”.
O rexedor subliñou que “para nada queremos que nos representen estas figuras que van facendo gobernos paralelos, intentando facer ver que xa son algo. É un pouco triste ver que esta xente aínda quere presumir aí e sacar tallada. Eu penso que están facendo as cousas mal, fixeron as cousas mal en Madrid e así lles foi, están facendo as cousas mal na Xunta e así lles vai ir. Paréceme que é bastante triste o que está facendo o señor Barcia”.
Cambios no tráfico rodado
Xa entraron en vigor os cambios na circulación na zona do IES Perdouro e do CEIP Vista Alegre, tal e como anunciou hai uns días o propio alcalde, Alfredo Llano: “o obxectivo é que os usuarios dos centros educativos e a xente que acude ao hospital se acostume ás novas direccións que acabamos de introducir no tráfico nesa zona de Burela, así á volta das vacacións a situación será de normalidade”. O rexedor lembrou que “tamén se habilitarán dous aparcamentos enfronte do IES Perdouro e do CEIP Vista Alegre, unha medida que beneficiará tanto aos centros de ensino como aos usuarios do Hospital da Costa, porque toda aquela zona ás veces está colapsada e iso é o que queremos evitar”. Alfredo Llano supervisou esta mañá, acompañado por membros da Policía Local, todas as novidades introducidas no tráfico rodado nesa zona da vila.
Por último o alcalde indicou que “o alumeado de Nadal xa foi acendido. Queremos que Burela tamén respire o ambiente destas festas. Agardamos que sexa do agrado de veciños e visitantes”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



