12.3.1803
Don Francisco de Cora e Miranda, escribano de Mondoñedo, funda unha escola de primeiras letras en Vilarmea, e construe unha casa e un lagar para viño pois non había nengún, cando chegara a haber cinco lagares. Entón o viño era importante na alimentación das persoas e tiñan que sair a buscalo a considerable distancia, co risco de perderse e malearse polas choivas; é intención deste señor – di a fundación- que subsista o lagar co fin de que poda servir ó ben común da poboación do lugar.
Nacía así a coñecida como “Obra Pía de Fazouro” que desenvolveo o seu labor perante mais de dous séculos ata non hai moitos anos.
24.3.1836
Por Real Orde a raíña ordea ós Gobernadores Civís e Deputacións que os concellos se compoñan de tantos alcaldes pedáneos como parroquias o formen, garantindo así que non quede parroquia sen representante na Corporación. Aparecen así tres novos concellos: FOZ, coas parroquias de Santiago de Foz, San Martiño, Santa Cilla e San Acisclo; VILARONTE, con só esa parroquia; NOIS que o forman Cangas, Cordido, Fazouro, Moucide e San Xulián.
A vida destes concellos foi moi breve pois catro anos mais tarde, en1840, en nova distribución territorial, pasa Foz a ser concello único.
26.03.1908
A Corporación Municipal envía Saúda a Fomento agradecendo a aprobación da obra do ferrocarril Ferrol-Gijón que se consideraba decisivo para o futuro desenvolvemento da bisbarra. Pasarían sesenta anos para que o tren chegara á estación da Corredoira.
30.03.36
Co trunfo do Frente Popular nas eleccións daquel ano fórmase a nova Corporación Municipal, resultando alcalde Francisco Fuente (Paco de Santa Cilla); primeiro tenente de alcalde, Francisco Fernández López (Francisco do Taller); Benigno Beltrán (da Calzona) e Xosé Rodriguez Vázquez. Ó estalar a guerra civil, catro meses mais tarde, serían destituídos dos cargos polas autoridades franquistas.
26.03.69
A Corporación acorda contratar os servicios de Emilio Oroza (Poroto) como encargado da conservación dos xardíns. O traballo consistiría no coidado e plantación de árboles e plantas, reposición, poda e cantas labores desa índole sexan precisas; así como a formación e atencións ós viveiros de plantas e arbustos. Percibiría a paga de 12.000 Pts. anuais.
Suso Fernández.



















Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



