O Alcalde de Foz convocaba este pasado mércores un pleno extraordinario urxente con catro puntos na orde do día: pronunciamento do Pleno sobre a urxencia da sesión, modificación da ordenanza do IBI, pasar a recadación á Deputación Provincial e levantamento de reparos de diversas facturas para o seu pagamento.
“Foz, Plataforma de Futuro” como xa manifestáramos na comisión preparatoria de Pleno, manifestamos ó comezo da sesión no primeiro punto da orde do día, sobre o pronunciamento da urxencia da sesión, que considerábamos que non víamos a urxencia deste Pleno xa que chegaba tarde e mal, o único punto urxente que víamos nesta sesión sería a modificación da ordenanza fiscal reguladora do IBI (un punto que hai que traer a Pleno, despois de haber un acordo Plenario aprobado por PSOE e FPF onde os veciños ían sair beneficiados, e pagar menos de contribución no ano 2016, pero que o PP e os seus concelleiros, e as Concelleiras do BNG quixeron tumbar e así o conseguiron despois de presentar cada súa alegación) e segundo manifestou o Secretario do Concello aprobásemos o que aprobásemos o pasado mércores sobre este tema non ía valer para nada para o ano 2016, xa que non daría tempo de publicalo no BOP antes do día 31 de decembro, e o que aprobásemos neste Pleno, entraría en vigor para o ano 2017. FPF neste punto manifestamos que como non serviría para nada o que aprobásemos este mércores para o ano 2016 íamos votar en contra da urxencia da sesión, e durante o ano 2016 os grupos políticos da Corporación Municipal nos deberíamos reunir e chegar a un acordo para que os veciños de Foz paguen menos de contribución para o ano 2017.
Así mesmo, o Alcalde mete neste Pleno extraordinario Urxente dous puntos máis que foron os que a el lle interesaron, sen ser urxentes para nada, como é o traslado á Deputación Provincial de Lugo do servizo de recadación do noso Concello, sendo nesta lexislatura a terceira vez que o leva a Pleno, e a maiores outro punto, sobre o levantamento de reparos de facturas pendentes de pago, facturas con distintos reparos que para que poida pagar ten que levantar o Pleno, facturas que chegaron ó poder da oposición o martes a mediodía, é dicir un día antes da sesión Plenaria, e que tan urxente era para o Alcalde e sen embargo esa urxencia lle debeu entrar o martes pola mañá xa que non foi tan sequera á comisión preparatoria de Pleno. FPF xa lle manifestamos en relación á aprobación de facturas no Pleno do 29 de xullo que non nos gustaba esa forma de actuar, que hai certos reparos en facturas que non se axustan á legalidade vixente, e que si os provedores non podían cobrar non é culpa da oposición, senón do seu goberno por facer as cousas mal.
Os Concelleiros de “Foz, Plataforma de Futuro” manifestamos o día da comisión preparatoria de Pleno, o mércores pasado en Pleno, e volvemos a manifestar nesta nota que a actitude deste último mes do Alcalde de Foz foi nefasta en relación coa oposición, e os concelleiros de FPF nos sentimos ninguneados. Algúns exemplos son os seguintes:
En primeiro lugar os concelleiros de FPF enterámonos de que temos Pleno extraordinario urxente o luns 28 de decembro pola mañá cando recibimos a convocatoria podendo ser avisados polo Alcalde a través de calquera medio con máis tempo de antelación.
En segundo lugar, convoca un Pleno extraordinario urxente tarde e mal, podendo celebrar este Pleno o 28 de decembro, e así, sí que os veciños do noso Concello poderían pagar menos de IBI para o ano 2016, xa que daría tempo de que este acordo saíra publicado antes do 31 de decembro no BOP. Sen embargo non o fixo así e antepuxo os seus intereses ós intereses dos veciños do noso Concello.
En terceiro lugar, mete na orde do día puntos que non teñen urxencia ningunha, e mete aqueles que ó Sr. Alcalde lle interesa non sabemos moi ben por qué.
En cuarto lugar, é algo ultimamente habitual que a documentación que a oposición temos que ter para ler e estudar, nos está chegando sen tempo de poder facelo e así llo fixemos saber máis veces.
En quinto lugar, a pesares de convocar un Pleno extraordinario urxente podería convocar a continuación deste, un Pleno ordinario coma o de todos os meses, e poder debater as mocións que os partidos da oposición neste mes de decembro metemos por rexistro no Concello e, a maiores, podería meter as mocións que levou como urxentes sen ser así. Hai que dicirlle ós veciños de Foz que para este Pleno de decembro os Concelleiros de FPF tíñamos tres mocións para ser debatidas en Pleno, a maiores tres preguntas e tres rogos e todo este traballo non nos valeu para nada e as reivindicacións dos nosos veciños non puideron ser debatidas e trasladadas ó órgano competente.
E por último, ó longo desta semana pasada enterámonos pola prensa que se vai a construír unha nova gasolineira no casco urbano do noso Concello. Os concelleiros de FPF non desconfiamos que toda a documentación e todos os trámites que se seguiron para dar a licenza correspondente sexan os correctos, pero entendemos que unha obra de tal importancia, que crea unha alarma importante nos nosos veciños, deberíamos ter os portavoces da corporación algún tipo de información para poder responder ás preguntas que nos fai a xente pola rúa. Sen embargo, o Alcalde do noso Concello preferiu levar todo este proceso con un secretismo algo preocupante para a nosa formación.


















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



