Burela, 11 de xaneiro de 2016. O Concello, a través da Delegación de Cultura que dirixe José Díaz, fíxose cunha licenza que o habilita para proxectar películas no Auditorio Municipal. Segundo explican desde a Concellería de Cultura “a licenza parte dunha grande multinacional que fai convenios con decenas de produtoras nacionais e internacionais os dereitos de proxección desas películas e logo decide a qué entidades públicas ou privadas lles concede a devandita licenza”. O edil socialista subliña que “la solicitud del Concello de Burela fue atendida ya que cumplimos con las condiciones y requisitos para ello, tanto de la propia empresa como de la Ley del Cine”.
José Díaz sinala que “evidentemente no podremos proyectar las últimas novedades en cartelera que pueden disfrutarse en los cines de A Mariña, ni tampoco es nuestra intención en absoluto interferir con estos negocios que luchan por seguir adelante en unos tiempos tan difíciles para el mundo del cine y de las artes en general, cosa que es digna de respeto y admiración. Las nuestras serán películas que no estén en cartelera, pero cuya proyección entendamos que pueda tener fines didácticos y educativos para quienes decidan acudir al Auditorio. Intentaremos hacer mesas coloquio veinte minutos antes de algunas proyecciones con aficionados y expertos en el séptimo arte. Cualquier interesado en participar solo tiene que contactarnos”.
O concelleiro de Cultura indica que “trataremos de organizar las proyecciones todos los domingos del mes, excepto el último. A las 18 horas en el caso de cine infantil, que es el que estamos disfrutando durante enero y febrero, y a las 20 horas en caso de cine para todos los públicos”. En xaneiro as proxeccións programadas, que están pendentes, serán os días 17 e 24. Eses días haberá cine para os nenos e nenas.
Díaz di que “en cultura, como en casi todo, la clave es crear hábitos y queremos que cuando lleguen las tardes de los domingos, nuestros vecinos tengan siempre presente una nueva opción: el cine. Ver una película en una gran pantalla y con un sonido de calidad es muy distinto a verla en casa. En Burela habrá esta opción porque como ya he reiterado muchas veces, nuestro Auditorio es un auténtico lujo y se presta a eso y a muchas cosas más”.
O edil de Cultura explica que “empezamos, como digo, durante enero y febrero con un ciclo de cine infantil. Cinco películas en total que estoy seguro de que gustarán a los más pequeños. Más adelante haremos ciclos de cine negro, de suspense, drama, comedia y por supuesto de cine creado y realizado en Galicia, que lo hay y muy bueno. Seguro que en esas proyecciones nos acompañará alguno de sus directores, como es el caso de Ignacio Vilar (A Esmorga)”.
José Díaz asegura que “una vez más, la respuesta de los bureleses y burelesas a este nuevo proyecto, igual que para todos los que estamos organizando, está siendo estupenda. Es una motivación para seguir trabajando por hacer a este concello, que se lo merece, cada vez más grande y por ser referencia cultural de A Mariña. Sobre todo con los eventos dirigidos a los más pequeños se está llenando el Auditorio. Ver esa expectación y esas ganas de disfrutar de la cultura es una gran satisfacción”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



