O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, presidía este mércores, na Comisaría Provincial, o acto conmemorativo do 192 aniversario da creación da Policía Nacional e destacou o papel deste Corpo como “garante da pervivencia do sistema democrático, garantindo a orde pública e defendendo os dereitos e liberdades do conxunto da cidadanía”.
Á celebración asistiron o comisario xefe provincial, Manuel Teijeiro; o comisario xefe de Operacións, Antonio Villamarín; o xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo, o tenente coronel Miguel Ángel González Arias; o xefe segundo da Policía Autonómica, José Ramón Fernández; o xefe da Policía Local de Lugo, Manuel Méndez; o subdelegado de Defensa, Ricardo J. Suárez, ademais do xefe da Comisaría de Monforte, o xefe en funcións da de Viveiro, e outros mandos da Policía Nacional na provincia.
No transcurso do acto procedeuse á entrega de diplomas acreditativos a quince policías nacionais xubilados en recoñecemento ó labor que prestaron durante os anos de servizo, en defensa do libre exercicio dos dereitos e liberdades e para garantir a seguridade cidadá. Trátase dos inspectores xefe Francisco González Borrajo, Manuel Merillas Almazán, Marino Veiga Coedo, Juan José Cinza Díaz; o subinspector José Fernández Fernández; o oficial José García Valiña; e os policías Ángel Souto Meilán, José Luis Rivera Casanova, Román Vázquez Castro, Jaime Rodríguez Arias, Rosendo Rodríguez Díaz, Jesús Gavieiro Teijeiro, José García Varela, Servando Manuel Gato García e José María Goás Pernas.
SALVAGARDAS DA SEGURIDADE
O subdelegado do Goberno e o comisario xefe provincial lembraron nas súas intervencións que foi en xaneiro do ano 1824 cando o rei Fernando VII dictou a Real Cédula pola que se creaba a ‘Policía Xeral do Reino’, o primeiro antecedente da Policía Nacional, á que se lle encomendaba “garantir o ben e a seguridade pública”.
Para Ramón Carballo “en toda nación hai acontecementos que marcan a súa historia e a creación da Policía Xeral do Reino é, sen dúbida, un deses acontecementos excepcionais que marcou decididamente o devir do noso país”. Recoñeceu e valorou o traballo da Policía Nacional -nomeadamente dos axentes que prestan, ou teñen prestado, servizo nas comisarías de Lugo, Viveiro ou Monforte- dos que salientou que “dedicades as vosas vidas a salvagardar a seguridade, a tranquilidade e a convivencia pacífica dos vosos concidadáns, o que vos fai merecedores do agarimo, a admiración e o respeto do conxunto da sociedade”.
Os 192 anos de historia sérvenlle a Policía Nacional, continuou o subdelegado, “para dotar ao Corpo de experiencia e para consolidar uns valores que se foron forxando ao longo de anos de esforzo, sacrifizo e heroísmo, o que vos dá a forza necesaria para proxectarvos hacia o futuro e asumir os novos retos e ameazas”. Entre esas ameazas destacou a que representan quenes “pretenden acabar cos nosos sistemas democráticos de liberdades e de dereitos, cos sistemas que conforman sociedades en paz”.
O subdelegado do Goberno animou aos membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na provincia a seguir traballando coa “profesionalidade que sempre demostrades” e lembrou a aprobación a finais do ano pasado por parte do Consello de Ministros dunha oferta de emprego público que vai fixar unha tasa de reposición do 100% dos efectivos dos Corpos de Seguridade do Estado.























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



