Burela, 13 de xaneiro de 2016. O Concello investirá 30.000 euros na reparación do Barco Museo Reina del Carmen, que se atopa xa no varadero. Ramiro Fernández, concelleiro de Turismo, agarda poder contar coa axuda doutras administracións para afrontar esta importante inversión. E lembra que estaba nun estado de total abandono, xa que “nos últimos anos só lle fixeron o mantemento básico”.
O edil socialista explicou que “o Barco Museo Reina del Carmen foi subido ao varadero para facer unha serie de obras moi necesarias, que van garantir que poida continuar nunhas condicións de seguridade óptimas para a súa exposición ao público. Os traballos van dende a reparación da obra viva do barco, o saneamento de tracas, reclavado de obra viva, renovación da limera ou o repintado e saneamento do mesmo, obras moi necesarias si queremos manter en bo estado o barco e sen ningún risco de vías de auga ou outros problemas”.
Ramiro Fernández contou que “nunha primeira inspección detectáronse problemas graves que puideron ser un importante risco para o barco que van quedar corrixidos de inmediato e que garantirán a curto e medio prazo a flotabilidade normal do barco”.
O concelleiro de Turismo manifestou que “dende a Concellería de Turismo somo conscientes de que o Barco Museo é e debe de seguir sendo un referente turístico na nosa localidade e na Mariña pola súa peculiaridade (é o único museo destas características de España), xa que non existe outro similar no noso país. E é por isto que temos a obriga de mantelo nas mellores condicións posibles, tendo en conta que se trata dun barco de 1968 (preto de 50 anos), e de madeira con todo o que isto conleva”.
Fernández subliñou que “a inversión que imos facer no Barco Museo vai ser moi importante, xa que roldará os 30.000 euros, pero entendemos que esta inversión está máis que xustificada, sobre todo tendo en conta o abandono que sufriu nos últimos anos onde só se lle facía o mantemento básico. Isto fixo que o deterioro sexa tal agora mesmo, que precise desta potente inversión para poder seguir gozando del. Esperamos poder contar có apoio doutras administracións para o financiamento desta reparación, e nesa liña estamos a traballar”.
O concelleiro de Turismo engadiu que “a aposta deste equipo de goberno polo turismo vai ser unha constante nesta lexislatura, xa que entendemos que pode ser unha fonte de riqueza e de creación de postos de traballo que tan necesarios son, por iso sabemos que para recoller o froito deste traballo teremos que facer agora unha serie de gastos que non se fixeron nestes últimos anos, como por exemplo, renovar as guías turísticas totalmente desfasadas e traballar no turismo dunha maneira seria e responsable”.
























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



