Lugo, 15 de xaneiro de 2016.- O voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, informou este venres que a Xunta de Goberno da Deputación, aprobou unha guía de colaboración para ofrecer aos Concellos asesoramento técnico e administrativo para concorrer ás axudas que vén de aprobar o Goberno Central por dano en infraestruturas producidos polos temporais que tiveron lugar a comezos do 2015.
Santos Ramos explicou que se trata dun novo servizo gratuíto para os municipios que se pon en marcha dende o departamento de Xestión Territorial, pois é a área provincial que conta co persoal especializado para esta prestación. Con esta iniciativa, a Deputación continúa a reducir custes e a aforrar cartos aos municipios lucenses.
“Na provincia de Lugo, segundo o Estado, os 8 Concellos que tiveron desperfectos e, polo tanto, poden concorrer a estas subvencións son: Begonte, Cervantes, Guntín, Lugo, O Incio, Outeiro de Rei, Quiroga e Xermade. O Estado subvenciona ata o 50 % dos custos das actuacións a executar e o prazo de solicitude é de 2 meses” informou o voceiro.
Os Concellos poderán elixir entre dúas vías de colaboración, coas que o organismo provincial lles aforra custes pois, no caso de non contar con persoal especializado, non terán que recorrer a contratacións externas.
1º.- Asistencia técnica e administrativa, que implica o estudo dos danos con visitas in situ dos técnicos, a recompilación de toda a memoria fotográfica sobre o estado da infraestrutura, informes con asesoramento sobre as melloras a levar a cabo para previr posibles novos danos e a redacción dos proxectos finais.
2º.- Xestión directa, que implica, ademais do asesoramento técnico, da recompilación de toda a información fotográfica e da redacción do proxecto; a tramitación das axudas ante o Ministerio de Facenda e Administración Pública.
Máis aforro aos Concellos
A Xunta de Goberno aprobou iniciar o proceso de contratación de novo material para o Parque Móbil co que continuar co arranxo de estradas provinciais e municipais, aforrando cartos aos Concellos, pois a Deputación asume con medios propios o acondicionamento das vías locais. A adxudicación, que é a de áridos para os anos 2016 e 2017, conta cunha partida de 170.000 euros.
Na sesión, tamén se comezou coa contratación dos servizo de impresión, manipulado e entrega nas oficinas de Correos das comunicacións do servizo de Recadación. O importe máximo é de case 38.000 euros para dúas anualidades. Trátase dun servizo imprescindible para poder levar a cabo a xestión da recadación de taxas e impostos que 60 Concellos da provincia teñen delegados na Deputación de Lugo.
Emprego
A Xunta acordou renovar os contratos de 4 axentes de emprego e desenvolvemento local a través das subvencións da administración autonómica que asumen o 30% dos custes laborais. A cantidade restante, asúmea a Deputación. A Xunta achega, exactamente, 51.466,20 euros, que representan o 30%, cando podía achegar o 35%. Polo tanto, a Deputación correspóndelle 120.000 euros, o 70% restante.
Tamén se resolveu a contratación doutros 54 desempregados da provincia a través do Ben Empregado, que comezarán a traballar noutras tantas empresas e entidades da provincia. Trátanse de peóns gandeiros, albaneis, mecánicos, soldadores, director de empresa…
A Deputación aprobou solicitarlle á Xunta de Galicia 4 obradoiros para desempregados, dous para a Granxa Gayoso Castro, pois trátanse das accións formativas Xestión de repoboacións forestais e de tratamentos silvícolas e Gandería Ecolóxica; e outros 2 ao Pazo de Tor, que son os de Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educativo Infantil e Xuvenil, e Dinamización Comunitaria. Santos Ramos destacou que “o ano pasado, a Xunta rexeitounos 3 accións formativas para a inserción laboral de 65 persoas e non quixo concedernos o obradoiro para reparar o Mirador de Mondoñedo, un de servizos sociais e outro que solicitamos xunto con COGAMI”.
Outros acordos
A Xunta de Goberno aprobou actuacións de emerxencia por valor de 60.000 euros na estrada LU-P-5501, de As Rodrigas a Marco de Álvarez, no Concello de Riotorto. Santos Ramos explicou que esta vía viuse moi afectada por todos os temporais que atravesaron a provincia de Lugo durante as últimas semanas. Finalmente acordou tamén iniciar os trámites para a reparación e mellora dos catamaráns.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



