Lugo, 18 de xaneiro de 2016.- A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo “Lucus Augusti” fíxose eco da ofensa que representa para os veciños da Provincia de Lugo que non se vexa reflectido no prezo do Combustible as recentes baixadas do prezo do petróleo por baixo dos 30 desbastares/barril de Brent.
Si esta baixada histórica do petróleo fixésese efectiva inmediatamente, converteríase nun balón de osíxeno para as maltrechas economías de empresas e particulares. Tendo en conta que o salario medio dos traballadores e pensionistas da Provincia de Lugo é dos máis baixos do Estado, estando moi por baixo da media nacional, o pagar o prezo de combustible máis caro que todas as provincias colindantes, é ademais de indignante, ofensivo.
O prezo que pagamos polo combustible recolle en parte a evolución do prezo do petróleo e soporta unha carga impositiva que supón entre un 43% e un 48 % do prezo do combustible. Esta carga impositiva vese gravada en Galicia ademais polo chamado “Céntimo Sanitario”, que realmente son 4,8 céntimos “sanitarios” o litro de combustible. A isto debemos sumarlle o IVE.
É indignante que en Comunidades autónomas colindantes como é a veciña Comunidade de Castilla e León, xa o suprimiron desde o 1 de xaneiro de 2016.
O prezo do combustible trasládase instantáneamente cando se incrementa a cotización do cru mentres,si o prezo do cru baixa o descenso non ten data de traslado.
Por todo iso, solicítase que o Goberno Central interveña a través dos medios dos que dispón para que se faga máis áxil a baixada de prezos e solicítase á súa vez que o Goberno Autonómico de Galicia elimine os chamados “Céntimos Sanitarios”, polas anteriores razóns expostas.
De non ser así, esta Federación de Veciños verase obrigada a realizar as distintas medidas de presión necesarias para alcanzar estes obxectivos.























A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



