A Deputación de Lugo puxo en marcha este martes a Guía de Colaboración coa que ofrece gratis aos Concellos asesoramento técnico e administrativo para que poidan concorrer ás axudas que vén de aprobar o Goberno Central por danos en infraestruturas producidos polos temporais que tiveron lugar a comezos do 2015. O Deputado de Xestión Territorial, Argelio Fernánez Queipo, enviou este martes unha comunicación aos municipios afectados para darlles a coñecer a guía.
Trátase dun novo servizo gratuíto para os municipios que se xestiona dende o departamento de Xestión Territorial, pois é a área provincial que conta co persoal especializado para esta prestación. Con esta iniciativa, a Deputación aforra cartos aos municipios lucenses, posto que non terán que recorrer a contratacións externas.
Na provincia de Lugo, segundo o Estado, os 8 Concellos que tiveron desperfectos e, polo tanto, poden concorrer a estas subvencións son: Begonte, Cervantes, Guntín, Lugo, O Incio, Outeiro de Rei, Quiroga e Xermade. O Estado subvenciona ata o 50 % dos custos das actuacións a executar.
Os Concellos poden elixir entre dúas vías de colaboración:
1º.- Asistencia técnica e administrativa, que implica o estudo dos danos con visitas in situ dos técnicos, a recompilación de toda a memoria fotográfica sobre o estado da infraestrutura, informes con asesoramento sobre as melloras a levar a cabo para previr posibles novos danos e a redacción dos proxectos finais. A data limite para solicitar esta asistencia remata o 9 de febreiro.
2º.- Xestión directa, que implica, ademais do asesoramento técnico, da recompilación de toda a información fotográfica e da redacción do proxecto; a tramitación das axudas ante o Ministerio de Facenda e Administración Pública. A data límite para solicitar a xestión directa remata o 2 de febreiro.
Formulario de solicitude na páxina web
A Deputación ten toda a información relativa a esta Guía de Colaboración na súa páxina web (www.deputacionlugo.org). Os Concellos interesados deberán presentar unha solicitude, que se pode descargar dende a web, no Rexistro Xeral da entidade provincial, dirixida á Presidencia. Nela indicarán o tipo de axuda que desexan que lles preste a Deputación de Lugo para o tramite das devanditas subvencións estatais, cuxo prazo máximo de presentación remata o 5 de marzo. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono: 982 265 945.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



