Burela, 20 de xaneiro de 2016. Academia A Mariña, mediante Resolución da Consellería de Medio Rural, foi inscrita no Rexistro de entidades colaboradoras de formación continua con número de rexistro ECMR_064/15. O director do centro, Ramón Hermida, subliña que “este recoñecemento e autorización permítenos poder impartir todos os cursos programados pola Consellería de Medio Rural”.
O primeiro, e con carácter de urxencia debido á gran demanda que está tendo ao ser de obrigado cumprimento, será o que prepara para a obtención do Carné de Fitosanitarios que expedirá a Consellería, unha vez feita a formación nun centro autorizado. Terán unha duración de 25 horas e se impartirán non só en Burela, senón nas catro provincias galegas ou en pobos onde a demanda así o esixa.
Hermida indica que “o público obxectivo para este tipo de formación vén marcado no DOG sendo obrigatorio para todo persoal que manipule produtos fitosanitarios que non sexan tóxicos, é dicir desde o persoal auxiliar dos establecementos de venda ata traballadores que o vaian a comprar para uso propio ou por ser afeccionados”.
E recorda que “desde o 26 de novembro do pasado ano, os traballadores que manipulen produtos fitosanitarios, ou vaian facelo, deberán recibir a formación esixida en manexo destes produtos”.
Cada curso, para a obtención do carné da Xunta, terá un custo, pero si os traballadores son asalariados, ese custo pódelles saír a cero si bonifícano da Seguridade Social.
O director de Academia A Mariña sinala que “os cursos se impartirán os venres e os sábados de cada mes, sempre que haxa demanda, sabendo que serán os profesores de Academia A Mariña os que se despracen ás empresas, cooperativas e granxas, así como a aulas particulares.
O decreto que regula a formación en fitosanitarios foi publicado a mediados do 2013, aínda que a obrigación do carné entrou en vigor o pasado 26 de novembro.
Ramón Hermida manifesta: “non falemos das multas, nin das esixencias de levar un libro de rexistro onde se lea a quen se vende o produto e de que forma. O manexo de fitosanitarios e de gases fluorados, para o que tamén estamos acreditados, vai acompañado dunha serie de requisitos e esixencias que nos alertan da súa perigosidade se non van acompañados dunha normativa que os controlen. E aí está Academia A Mariña”.
Os interesados en obter máis información ou en anotarse para os cursos que se impartirán a partir do mes de febreiro poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 900 101 362.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



