Praia, 30 de xaneiro de 2016.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a ministra de Turismo, Investimentos e Desenvolvemento Empresarial da República de Cabo Verde, Leonesa Fortes, asinaron este sábado un Memorando de Entendemento entre o Goberno galego e o caboverdiano, para establecer unha colaboración permanente en materias como pesca, turismo, medio ambiente ou educación, entre outras.
A sinatura deste memorando é parte dunha intensa axenda institucional do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, no arquipélago africano. Durante a súa visita, Rueda tamén mantivo encontros co presidente da República, Jorge Carlos Fonseca; o Primeiro Ministro, José María Neves; e a embaixadora de España en Cabo Verde, Caridad Junco Batalla.
A través do memorando asinado esta mañá promoveranse actuacións que, no marco da cooperación ao desenvolvemento, poidan contribuír ao progreso e á mellora da calidade de vida dos cidadáns de Cabo Verde, en especial, mediante o apoio á promoción do tecido económico e empresarial do país en diversos ámbitos.
Así, por exemplo, cooperarase no ámbito da pesca fomentando o establecemento dunha colaboración para o uso das infraestruturas pesqueiras e portuarias, valorando a man de obra caboverdiana e incluíndo a posibilidade de educación e formación profesional na área. Ademais, continuarase apoiando o traballo de cooperación en materia pesqueira e acuícola que vén desenvolvendo a Fundación Galega Centro Tecnolóxico do Mar.
No ámbito do turismo, ambos gobernos poderán establecer colaboracións conxuntas con vista á promoción da rama hostaleira do sector inmobiliario, favorecendo o intercambio de experiencias entre institucións de formación na área do Turismo e Xestión Hostaleira, nas que se inclúa a posibilidade de formación e capacitación técnico-profesional nese eido.
Para garantir o desenvolvemento sustentable e respecto ao Medio Ambiente, a cooperación bilateral irá encamiñada a impulsar as enerxías renovables no país africano, tendo en conta a experiencia galega, especialmente na implantación da enerxía eólica. E no eido educativo, impulsaranse intercambios en materia de educación superior e de formación profesional.
A sinatura deste Memorando recoñece o importante nivel cooperación entre a Xunta e a República de Cabo Verde ao longo dos últimos anos, así como o desexo de reforzar e profundar nos lazos que unen a ambos territorios, especialmente os vínculos coa lusofonía.
Así mesmo, recoñece o carácter estratéxico que para Galicia teñen as relacións económicas e sociais coas comunidades de lingua portuguesa, constituíndo un obxectivo estratéxico do Goberno galego.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



