A Mariña, 3 de febreiro de 2016.- O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, valora de xeito positivo a xuntanza que mantivo na tarde deste mércores en Santiago coa directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro.
Mancomunidade e Turismo asinarán un convenio bianual para os anos 2016 e 2017 por importe de 80.000 euros cada anualidade, destinados á realización de actividades encamiñadas a promocionar a comarca e os seus atractivos turísticos. No encontro tamén falaron “da posibilidade de que A Mariña acuda o vindeiro ano a Xantar en Ourense para dar a coñecer o seu potencial gastronómico. E tamén analizamos a nosa presenza noutras feiras que poidan ser de interese para captar turismo para esta comarca”, explicou Llano.
O presidente da Mancomunidade contou que “de cara a este ano tamén queremos potenciar de novo os Menús Artesáns e promocionar o Camiño Norte ao seu paso por esta comarca”.
Alfredo Llano subliñou “a boa sintonía e a boa relación institucional entre a Xunta e a Mancomunidade de Municipios da Mariña e así queremos continuar ao longo dos vindeiros anos. A Axencia de Turismo de Galicia comprometeuse a axudarnos coa promoción das feiras e festas que temos na Mariña para que algunhas delas poidan conseguir a declaración de interese turístico e para dalas a coñecer a través de dípticos, etc”.
Sobre a presenza da Mariña en Fitur “o vindeiro ano queremos organizar iniciativas novas, como pode ser a celebración dun xantar ou dunha cea á que convidemos a periodistas especializados en turismo e gastronomía co obxectivo de darlles a coñecer a excelencias desta terra. E igual sería bo proxectar tamén algún espectáculo ou representación para promover a nosa comarca coma destino turístico único”.
O presidente da Mancomunidade aposta “por un turismo de calidade, sostible e que fuxa das masificacións que sofren outras zonas do país. Queremos traballar para recibir visitantes durante todo o ano e non só en tempada alta. O que queremos en definitiva é promocionar A Mariña como destino turístico único”.
Na xuntanza entre a Mancomunidade e a Xunta participaron técnicos de turismo de ambas partes.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



