Lourenzá, 3 de febreiro de 2016.- A Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” presenta as rutas que levará a cabo ao longo do presente mes de febreiro.
A segunda etapa do Camiño de Santiago será o sábado, 13 de febreiro, dende Villamartín Pequeno ata Lourenzá (concretamente ata o lugar de Arroxo), un total de 15 kms.. Sairán ás 8:30 do Cantón de Vilanova; e ao remate da ruta, xantarán no Recinto do Mercado de Lourenzá.
O prezo inclúe o autobús e a comida; e é de 20€ para socios e 25€ para non socios.
Anotan ata o xoves, 11 de febreiro, nos teléfonos: 699 68 59 02 (Sandra) e 636 49 64 48 (Fe); e no correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com
A outra saída de febreiro levaraos ata a veciña Comunidade de Asturias, onde realizarán a “Ruta dos Cortíos” (PR.AS-278), no Concello de Santa Eulalia de Oscos.
Un percorrido de 11 kms e dificultade media-baixa, ao que se recomenda levar botas e bastóns.
Esta andaina será o sábado, 20 de febreiro, e a saída de Lourenzá está prevista para as 8:30 da mañá. O prezo (de 30€ para socios e 35€ para non socios) será para custear o transporte en autobús, e a comida, menú degustación das “Xornadas da matanza” en Casa Pedro de Santa Eulalia, cun menú composto de: fabas con uños, caldo de cimos, roxois, botelo, cabeza, lacón, longanizas, chourizo, cachelos, cimos, postre caseiro e café con alfergo.
O prazo para anotarse remata o mércores, 17 de febreiro. Para as inscricións poñen a disposición dous números de teléfono: 647 06 70 54 (Javier) ou 686 77 11 13 (Emilio); así como o correo da Asociación: terrasdelourenza@gmail.com






















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



