Lugo, venres 5 de febreiro de 2016. O estudo do territorio rexional galaico enmarcado nas estruturas eclesiásticas da diocese de Mondoñedo, centrándose especificamente na súa fase formativa entre o o século IX, cando aparece o novo bispado dumiense-mindoniense co seu centro en San Martiño de Mondoñedo-Foz, e comezos do século XIII, cando esta “sé peregrina” atopa o seu definitivo acomodo en Vilamaior de Mondoñedo (a actual cidade de Mondoñedo), centra as pescudas desenvolvidas na tese de doutoramento que vén de presentar Carlos Andrés González Paz, graduado en Humanidades pola USC e investigador contratado no Instituto de Estudios Galegos “Padre Sarmiento” da Xunta de Galicia e o CSIC, na Facultade de Humanidades do campus de Lugo da USC.
Dirixida polo profesor de Historia Medieval da USC Carlos Baliñas Pérez e baixo o título ‘O Bispado de Mondoñedo na Idade Media: Territorio, comunidade e poder’, González Pérez, investiga polo miúdo na súa tese de doutoramento, o proceso de creación da diocese mindoniense, un estudo guiado por un fío cronolóxico que se retrotrae á nebulosa e complexa historia da diocese de Britonia nos tempos suevos e se alonga, na análise da construción dun espazo social e económico, ata o abrente da Idade Moderna.
A diocese de Mondoñedo constitúe un espazo antropoxénico (creado artificialmente polo ser humano), pero a súa permanencia na historia, pois segue a existir na actualidade, determina uns marcos físicos, espirituais, políticos e socio-económicos con identidade propia. É precisamente á análise destes factores na que se centran as pescudas realizadas por González Paz e recollidas nunha exhaustiva investigación de doutoramento que supera as 800 páxinas e que reforza a súa singularidade por tratarse da primeira tese de Historia que se presenta no campus de Lugo.
Para cumprir con estes propósitos, González Pérez deseña neste traballo un novo modelo de análise territorial dunha rexión medieval, co que repensa os modelos clásicos acuñados nos anos setenta e oitenta do século pasado. Daquela, o investigador actualiza e completa esta bagaxe coas novas achegas das ciencias físicas e humanas (edafoloxía,
arqueoloxía do territorio, paisaxe histórica, etc.) na procura do ideal da “historia total”, a fin de conxugar nunha explicación global os datos e feitos xeográficos, sociais, políticos e económicos.
Alén da personalidade propia deste ambicioso estudo, así como da orixinalidade do seu enfoque, a tese de doutoramento ‘O Bispado de Mondoñedo na Idade Media: Territorio, comunidade e poder’, podería considerarse como parte e cumio do proxecto de “historia do territorio galego”, un cometido no que o profesor da USC e historiador Carlos Baliñas Pérez está a traballar dede hai anos dende a Facultade de Humanidades do campus lugués.
Tribunal da tese e cualificación
O catedrático de Historia Moderna da USC Peegerto Saavedra Fernández presidiu o tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada por Carlos Andrés González Paz e que mereceu a máxima cualificación académica de sobresaínte cum laude.
Fernando López Alsina, catedrático de Historia Medieval da USC; Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, profesor de investigación e coordinador do CSIC en Galicia; José Augusto de Sottomayor Pizarro, catedrático de Historia Medieval da Universidade de Porto, e María Beatríz Vaquero Díaz, profesora de Ciencias e Técnicas Historiográficas da Universidade de Vigo, completan a relación de membros do tribunal.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



