BURELA (FNC) .- Special Olympics Galicia, asociación dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do Deporte e do Ocio, organiza un ano máis os XIII Xogos Autonómicos de Baloncesto, sendo Burela a cidade elixida este ano para acoller a que será a décimo terceira edición. Special Olympics Galicia contou para a organización destes Xogos coa colaboración de Fademga Feaps Galicia e da Fundación Eu Son (Burela).
A décimo terceira edición deste campionato terá lugar este sábado 24 de outubro nas instalacións do Pavillón de vista Alegre de Burela. Ao igual que todas as actividades deportivas organizadas por Special Olympics Galicia o campionato de Baloncesto conta con distintos niveis de participación para que todos os deportistas poidan participar en igualdade de condicións. Existirán tres niveis: nivel I (alto), nivel II (medio) e nivel III (básico).
O pistoletazo de saída da competición será ás 12:00 horas da mañá e, a partir das 19.00 horas, celebrarase o acto de clausura do Campionato, así como a entrega dos trofeos e das medallas aos participantes. Os XIII XOGOS AUTONÓMICOS DE BALONCESTO reunirán en Burela a un total de 599 persoas entre atletas, adestradores, voluntarios e integrantes da organización.
A celebración deste evento deportivo segue o cerimonial das celebración das Olimpíadas. Os deportistas das 29 asociacións participantes desfilarán ante os presentes. Posteriormente un deportistas da Fundación eu Son lerá o lema dos deportistas de Special Olympics “Quero gañar, máis se non o consigo, deixádeme ser valente no intento”. Unha vez finalizado o desfile procederase á inauguración oficial dos Xogos, arredor das 10.45 horas, a cargo dun representante do goberno local; que estará acompañada polo Presidente de Special Olympics Galicia, D. Eladio Fernández Pérez; ademais de integrantes da corporación municipal, da Asociación ASPNAIS, da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, das Xuntas Directivas de Fademga Feaps Galicia e Special Olympics Galicia.
As asociacións de toda Galicia que participan son un total de 29 asociacións das cales un total de 7 proveñen da provincia de Lugo, 9 de Pontevedra, 10 de A Coruña e 3 de Ourense. Os atletas que participan da provincia de Lugo son un total 147 deportistas que veñen de localidades como Lugo, Mondoñedo ou Viveiro. A asociación anfitriona, Fundación Eu Son, participa con 19 atletas.
XIII XOGOS AUTONÓMICOS DE BALONCESTO SPECIAL OLYMPICS GALICIA BURELA 2009
PRESENTACIÓN
A Décimo terceira edición dos XOGOS AUTONÓMICOS DE BALONCESTO, que Special Olympics Galicia celebra este ano en BURELA, está organizada por Special Olympics Galicia coa colaboración de Fademga Feaps Galicia e da Fundación Eu Son.
OS XOGOS AUTONÓMICOS DE BALONCESTO celebrarase este sábado 24 de outubro nas instalacións do Pavillón de Vista Alegre de Burela, dende as 10.45 horas ata as 19.00 horas. Un total de 29 asociacións de toda Galiza participarán no Campionato reuníndose preto de 400 deportistas que competirán nas distintas categorías establecidas segundo o nivel acreditado.
A inauguración oficial do campionato terá lugar ás 10.45 horas da mañá nas mesmas instalacións deportivas da man dun membro da corporación municipal de Burela, respaldado polo Presidente de Special Olympics Galicia, D. Eladio Fernández Pérez; ademais de integrantes da corporación municipal, da Fundación Eu Son, da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, das Xuntas Directivas de Fademga Feaps Galicia e Special Olympics Galicia. A clausura do evento serán arredor das 19.00 horas.
HORARIO
10.20 horas – Chegada das Asociacións participantes ás instalacións deportivas.
10.45 horas– Inauguración do XIII XOGOS AUTONÓMICOS DE BALONCESTO SPECIAL OLYMPICS GALICIA BURELA 2009. Pavillón de Vista Alegre de Burela.
12.00 horas – Comezo da competición deportiva.
19.00 horas – Clausura do evento.
COMPETICIÓN
OS DÉCIMO TERCEIROS XOGOS AUTONÓMICOS DE BALONCESTO SPECIAL OLYMPICS GALICIA segue as liñas básicas de competición de todos os eventos deportivos organizados por Special Olympics, nos que se establecen distintos niveis de competición en función dos coñecementos que os deportistas con discapacidade intelectual teñen das regras de competición e tamén en función das súas capacidades físicas.
Neste senso establécense tres NIVEIS de competición, Nivel I (alto), Nivel II (intermedio), Nivel III (básico) e tamén haberá PROBAS ADAPTADAS para os deportistas con discapacidade intelectual con necesidades de apoio extenso e xeralizado que consisten en realizar PROBAS ADAPTADAS ás súas capacidades seguindo a filosofía de Special Olympics Galicia de aportar e adaptar todos os medios necesarios para as persoas con discapacidade intelectual poidan practicar deporte. Special Olympics Galicia traballa para que sexa o deporte o que se adapte aos deportistas e non ao revés.
As PROBAS que realizarán os deportistas irán en función do nivel que acrediten (Nivel I, II ou III):
* Nivel I / Bo Nivel de Xogo
* Nivel II / Nivel Intermedio
* Nivel III / Nivel Inicial
* Probas de destreza individual: rebote, condución e lanzamento de perímetro
* Nivel IV / Probas Adaptadas I: Tiro estático. Bote dinámico. Pase e recepción
* Nivel V / Probas Adaptadas II: Tiro estático. Bote dinámico. Pase e recepción
DATOS NUMÉRICOS
OS DÉCIMO TERCEIROS XOGOS AUTONÓMICOS DE BALONCESTO SPECIAL OLYMPICS GALICIA reúnen a un total de 29 asociacións de persoas con discapacidade intelectual de toda Galiza. As entidades proveñen dun total de 22 localidades distintas das catro provincias galegas.
O número de atletas que competirán nos Xogos ascende a 398, que estarán acompañados por 106 adestradores. A celebración da competición tamén contará cun total de 95 voluntarios e integrantes da organización co que os XOGOS AUTONÓMICOS reunirán a un total de 599 persoas en Burela o sábado 24 de outubro (Ver cadro que se adxunta ao final do dossier).
Analizando a participación por PROVINCIAS:
| PROVINCIA | ASOCIACIÓNS | ATLETAS | ADESTRADORES |
| A CORUÑA | 10 | 105 | 27 |
| LUGO | 7 | 147 | 34 |
| OURENSE | 3 | 39 | 12 |
| PONTEVEDRA | 9 | 107 | 33 |
| TOTAL | 29 | 398 | 106 |
Os datos de participación DA PROVINCIA DE LUGO son os seguintes:
| ASOCIACIÓN | LOCALIDADE | ATLETAS | ADEST. | TOTAL |
| CAPD SARRIA | SARRIA | 15 | 8 | 23 |
| SAN PABLO SAN LAZARO | MONDOÑEDO | 19 | 4 | 23 |
| ASPNAIS | LUGO | 14 | 4 | 18 |
| FUNDACION EU SON | BURELA | 19 | 5 | 24 |
| PRODEME | MONFORTE | 44 | 6 | 50 |
| ASPANANE | VIVEIRO | 21 | 4 | 25 |
| SAN VICENTE PAUL | LUGO | 15 | 3 | 18 |
| TOTAL | 147 | 34 | 181 | |
As entidades que participan DA PROVINCIA DE A CORUÑA son as seguintes:
| ASOCIACIÓN | LOCALIDADE | ATLETAS | ADEST. | TOTAL |
| ASPADEX | CEE | 8 | 2 | 10 |
| APACESCO | BETANZOS | 6 | 2 | 8 |
| AMIPA | PADRÓN | 12 | 3 | 15 |
| N.S.ROSARIO | CORUÑA | 7 | 3 | 10 |
| ASPAS | SANTIAGO | 7 | 2 | 9 |
| CHAMORRO | NARON | 8 | 2 | 10 |
| ASPRONAGA | CORUÑA | 15 | 3 | 18 |
| APADER | CEDEIRA | 21 | 6 | 27 |
| AMICOS DA BARBANZA | RIBEIRA | 16 | 2 | 18 |
| ASPADISOL | OLEIROS | 5 | 2 | 7 |
| TOTAL | 105 | 27 | 132 | |
Os datos DA PROVINCIA DE OURENSE son os seguintes:
| ASOCIACIÓN | LOCALIDADE | ATLETAS | ADEST. | TOTAL |
| AS BURGAS | OURENSE | 13 | 5 | 18 |
| ASFAVAL | O BARCO | 12 | 4 | 16 |
| ASPANAS | OURENSE | 14 | 3 | 17 |
| TOTAL | 39 | 12 | 51 | |
Os datos de participación da PRONVINCIA DE PONTEVEDRA son os seguintes:
| ASOCIACIÓN | LOCALIDADE | ATLETAS | ADEST. | TOTAL |
| ACEESCA | PORRIÑO | 22 | 5 | 27 |
| VALLE MIÑOR | NIGRAN | 7 | 2 | 9 |
| RACING CHAPELA | CHAPELA | 9 | 2 | 11 |
| SAN FRANCISCO | VIGO | 10 | 3 | 13 |
| SALADINO CORTIZO | VIGO | 7 | 2 | 9 |
| VIRGEN DE LA O | PONTEVEDRA | 12 | 2 | 14 |
| ASPAVI | VIGO | 8 | 2 | 10 |
| CON ELES | VILAGARCIA | 16 | 7 | 23 |
| CAPD REDONDELA | REDONDELA | 16 | 8 | 24 |
| TOTAL | 107 | 33 | 140 | |
CADRO DE PARTICIPACIÓN
| Nº | ENTIDADE | LOCAL. | ATLETAS | ADEST, | TOTAL |
| 1 | CAPD SARRIA | SARRIA | 15 | 8 | 23 |
| 2 | SAN PABLO SAN LAZARO | MONDOÑEDO | 19 | 4 | 23 |
| 3 | ASPNAIS | LUGO | 14 | 4 | 18 |
| 4 | FUNDACION EU SON | BURELA | 19 | 5 | 24 |
| 5 | PRODEME | MONFORTE | 44 | 6 | 50 |
| 6 | ASPANANE | VIVEIRO | 21 | 4 | 25 |
| 7 | SAN VICENTE PAUL | LUGO | 15 | 3 | 18 |
| 8 | ASPADEX | CEE | 8 | 2 | 10 |
| 9 | APACESCO | BETANZOS | 6 | 2 | 8 |
| 10 | AMIPA | PADRÓN | 12 | 3 | 15 |
| 11 | N.S.ROSARIO | CORUÑA | 7 | 3 | 10 |
| 12 | ASPAS | SANTIAGO | 7 | 2 | 9 |
| 13 | CHAMORRO | NARON | 8 | 2 | 10 |
| 14 | ASPRONAGA | CORUÑA | 15 | 3 | 18 |
| 15 | APADER | CEDEIRA | 21 | 6 | 27 |
| 16 | AMICOS DA BARBANZA | RIBEIRA | 16 | 2 | 18 |
| 17 | ASPADISOL | OLEIROS | 5 | 2 | 7 |
| 18 | AS BURGAS | OURENSE | 13 | 5 | 18 |
| 19 | ASFAVAL | O BARCO | 12 | 4 | 16 |
| 20 | ASPANAS | OURENSE | 14 | 3 | 17 |
| 21 | ACEESCA | PORRIÑO | 22 | 5 | 27 |
| 22 | VALLE MIÑOR | NIGRAN | 7 | 2 | 9 |
| 23 | RACING CHAPELA | CHAPELA | 9 | 2 | 11 |
| 24 | SAN FRANCISCO | VIGO | 10 | 3 | 13 |
| 25 | SALADINO CORTIZO | VIGO | 7 | 2 | 9 |
| 26 | VIRGEN DE LA O | PONTEVEDRA | 12 | 2 | 14 |
| 27 | ASPAVI | VIGO | 8 | 2 | 10 |
| 28 | CON ELES | VILAGARCIA | 16 | 7 | 23 |
| 29 | CAPD REDONDELA | REDONDELA | 16 | 8 | 24 |
| TOTAIS | 398 | 106 | 504 | ||
| VOLUNTARIOS+PRO.CIVIL+CRUZ VERMELLA+POL.LOCAL+ETC | 80 | |
| ORGANIZACIÓN | 15 | |
| TOTAL DE PARTICIPANTES | 599 | |






















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



