Burela, 18 de febreiro de 2016.- O Burela Pescados Rubén regresa á competición ligueira visitando a cancha do Jumilla B. Carchelo, duelo correspondente á xornada 21 e que se disputa o venres día 19 a partir das 21.15 horas no pavillón Carlos García Ruíz.
O técnico burelés espera un partido “máis difícil do que indica a clasificación e do que moita xente poida pensar. É certo que é un equipo que está abaixo, pero os seus resultados na casa indican as dificultades de todos os seus rivais para poder sacar de alí os puntos. En Jumilla perdeu o Aspil Ribera, empatou o FC Barcelona Lassa e o Palma Futsal gañou nos instantes finais. Creo que será un partido moi igualado e que se resolverá por detalles mínimos”. Daniel Ibañes destaca da escuadra andaluza “a Christian Rubio ou Terry, cedido por Movistar Inter, que está marcando goles. Tamén se reforzou no mercado invernal e no seu feudo nun equipo que adoita apertar moito e tratará de facerse forte para conservar a categoría”.
Respecto de o seu equipo comentou que o parón ligueiro tivo “connotacións positivas e negativas. Serviunos para descansar e ir recuperando lesionados pero foi un pouco longo estar sen competir con frecuencia malia xogar un partido de Copa Galicia e os amigables en Palma”. No aspecto negativo a lesión de Iago Míguez que “trastorna o noso plans pero estamos afeitos ás adversidades e seguro que seguimos superándoas”.
Iago Míguez sofre un esguince de tobillo de grado 2 e non participará ante o Jumilla do mesmo xeito que Carlitos, por unha lesión no seu pé esquerdo. A novidade na convocatoria burelesa é a entrada do brasileiro Petry que se incorporou no mercado invernal á disciplina laranxa.
Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 11 xogadores
1. Edu – 7. Isi – 9. Iago Rodríguez – 11. Chano – 12. Petry – 13. Alex – 18. Jorge Bellvert – – 20. Chino – 23. Antoñito – 28. Rubén – 30. Hélder
Baixas: 10. Matamoros – 17. Carlitos – 5. Iago Míguez



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
