Riotorto, 19 de febreiro de 2016.- O equipo de Goberno municipal aprobou inicialmente o día 16 de Febreiro de 2016 na Xunta de Goberno Local o Plan Especial SUND”Villarin” -Riotorto, instrumento urbanístico para levar a cabo o polígono industrial de Riotorto. Tratase de urbanizar una zona ubicada no entorno de villarin, a dereita da estrada que sube de Rodrigas a Augaxosa nunha superficie de 25.739 metros cadrados. A superficie total das parcelas industriais será de 10.216 metros cadrados nunha primeira fase, existindo outros metos cadrados para vial, zonas verdes e espacios dotacionais.
Con esta ferramenta conseguiremos ter solo industrial neste municipio, unha das maiores demandas dos cidadáns. Ata agora as empresas abandonaban o municipio por falta de solo industrial, cousa que non pasará unha vez realizado o proxecto de urbanización do polígono industrial.
Unha vez aprobado inicialmente solicitaranse as diferentes administracións os informes sectoriais pertinentes e unha vez obtidos aprobaremos definitivamente este plan especial.
O promotor da inversión vai ser o SUPLUSA, ente dependente da Excma. Deputación Provincial de Lugo, o cal redactou este plan especial. Queremos agradecer a este ente o esforzo realizadopara a redacción deste proxecto e a futura financiación do mesmo.
Esta é unha boa nova para tódolos vecinos e veciñas de Riotorto, xa que non podemos ter crecemento económico sin unha zona industrial donde instalarse as nosas empresas. Esta iniciativa provocará aumentar o tecido industrial e a xeración de emprego e evitar o abnadono do rural e das empresas a outros concellos limítrofes.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



