22 de febreiro de 2016.- Este sábado, 20 de febreiro, unha vintena de membros da Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” desprazáronse ata a Comarca dos Oscos, concretamente ata o Concello de Santa Eulalia, onde percorreron os 11 quilómetros da “Ruta dos Cortíos”.
Durante a camiñata tiveron oportunidade de desfrutar das paisaxes desta comarca asturiana, así como das peculiaridades arquitectónicas dos típicos pobos tradicionais da zona. Como remate da xornada, un pequeno paseo pola capitalidade, Santa Eulalia, e xantar en Casa Pedro degustando productos das Xornadas da Matanza Asturiana.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



