Luns, 23 de febreiro de 2016.- A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, pregúntase como vai o Señor Campos gobernar esta provincia se nin tan sequera é capaz de ordenar as intervencións do Pleno”. A popular afirma que o presidente da Deputación pretende variar as normas de funcionamento da institución a medida que ten máis dificultades para controlar as sesións plenarias, como novamente se viu na sesión de hoxe.
A voceira esíxelle ao Goberno provincial que aclare “dunha vez por todas” cantas modificacións se van facer nas normas de funcionamento da institución para tratar de aparentar unha imaxe de autoridade da que carece “no seu grupo, no seu goberno, no seu partido e na provincia enteira. “Non sei que lle podemos pedir a un Goberno cando non é capaz nin de ordenar as intervencións nun Pleno”, censura Candia.
O PP apoia ter un tren de calidade
O PP apoiou a moción dos socialistas sobre a mellora dos servizos ferroviarios para a provincia. “Estamos a favor de ter un tren de calidade porque temos o mesmo interese en ter unha situación non discriminatoria igual que calquera de vostedes. Onde estaban esas reivindicacións históricas cando gobernaba o PSOE? Non os vimos subidos a ningún tren, indicou o deputado José Antonio García, quen explicou que o Grupo Provincial do PP, ao igual que todos os lucenses, “apoiamos ter un tren de calidade porque é de xustiza e o coherente coa igualdade. Lugo necesita un tren como as demais provincias, polo que imos votar a favor de calquera inversión que redunde no beneficio das infraestruturas desta provincia”, expuxo.
Non desaparece o galego, senón o BNG
En relación ao cumprimento real e efectivo da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas, o deputado Demetrio Salgueiro explicou que o galego segue sendo a lingua maioritaria de Galicia. Así, O 98% da poboación declara entender moito ou bastante o galego e o 97,16% afirma saber falalo. O 83% afirma saber escribilo e o 97% sabe lelo, uns datos que sitúan a lingua nunha posición de clara vantaxe con respecto ás outras linguas europeas avaliadas polo comité de expertos da CELRM.
Demetrio Salgueiro critica que se use o programa para unha loita política, polo que rexeitaron a moción do Goberno provincial. “O que está desaparecendo non é o idioma, é o BNG”, indicou.
Dereito a unha vivenda digna
O Grupo Provincial do PP presentou unha emenda a unha moción do Goberno provincial, que non foi aceptada, para instar á Xunta de Galicia a seguir desenvolvendo medidas de protección para as familias en risco de quedar sen fogar, desenvolvendo programas de prevención de desafiuzamentos e de apoio a persoas en risco de exclusión residencial, e comprometerse dende a Deputación de Lugo a prestar apoio aos concellos da provincia que desenvolvan programas en materia de vivenda.
A deputada Mai Teijeiro avogou por marcar unha liña de cooperación e colaboración en materia de vivenda para o que aposta por implicar ás diferentes administracións, entidades, colectivos e axentes sociais. “Xa que aínda non teñen pechados os orzamentos para este ano convídoos a presentar un programa provincial de vivenda que contribúa a garantir os dereitos constitucional de acceso a unha vivenda digna”, expuxo.
“Non esixan á outras administracións cuestións nas que vostedes non se implican minimamente”, engadiu a deputada. Mari Teijeiro explicou que se algo distingue as políticas da Xunta de Galicia en materia de vivenda nestes anos é o esforzo dedicado á protección das familias en risco de quedan sen fogar como consecuencia da crise.




















Subliñou tamén a unión veciñal arredor desta cita gastronómica, que comparte protagonismo con outras festas da contorna. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, incluído nun programa que reúne artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



