Lugo, 23 de febreiro de 2016.- O Grupo Provincial do PP logra que a Deputación de Lugo triplique neste ano a achega económica do Plan de Obras e Servizos para obras municipais, ademais de verse beneficiados os concellos nunha redución da contía que están obrigados a dirixir a este plan e que será cuberta pola administración provincial.
O vicevoceiro Carlos Armesto agradece que o traballo, a “insistencia” e o “esforzo” dos populares empecen a dar os seus froitos e que o equipo de Goberno da Deputación “empece a mover ficha e a adoptar acordos que beneficien a todos os concellos da provincia”.
O deputado popular defendeu a importancia desta proposta coa que “logramos que no 2016 haxa un plan de obras mellorado” xa que ata o de agora “Lugo tivo o peor POS das catro deputacións galegas, insuficiente economicamente, na que a achega dos concellos a obras municipais superaba a da Deputación”.
De igual xeito, os populares continuarán a loitar “por un verdadeiro plan en sucesivas anualidades e que este continúe a mellorarse, incluíndo tamén unha maior dotación económica para a rexeneración das vías provinciais”.
A Deputación de Lugo ten como principal competencia a “colaboración con todos os concellos da provincia e este é o único plan igualitario que permite a inclusión de todas as administración locais, sen discriminación entre concellos”.
A Deputación insta a que se readmitan os traballadores despedidos do GES en A Fonsagrada e Guitiriz
A iniciativa do Grupo Provincial do Partido Popular, o pleno da Corporación, co voto en contra dos socialistas, acordou instar aos Concellos de Guitiriz e da Fonsagrada a que declaren nula a resolución na que se acordou o despedimento dos traballadores e traballadoras que prestan os seus servizos no GES e, en consecuencia, se readmitan á maior brevidade posible.
A voceira dos populares, Elena Candia, explicou que se está ante unha situación que “afecta a familias, con nomes concretos, con veciños que están na rúa” cando existe unha recomendación tanto da Xunta como da FEGAMP para que continúen prestando o servizo do GES os mesmos efectivos que o viñan facendo con anterioridade.
A popular lamentou que o alcalde da Fonsagrada, tamén deputado provincial, “non rectifique”, escudándose en informes e na situación económica do Concello “cando excepto en dous municipios, no resto continúan prestando o servizo do GES os mesmos efectivos”. “O único responsable desta situación é o rexedor”, matiza Candia.
Os populares presentaron esta iniciativa, ao considerar que a decisión de manter os mesmos traballadores implicaría unha “xestión máis eficaz, unha mellor prestación do servizo, ademais de non destinar diñeiro público a cubrir os gastos por despedimentos”.
Urxencia nas obras da estrada do Cadramón, O Valadouro
Os populares levaron este martes a pleno unha iniciativa na que demandaban o arranxo da estrada LU-P-0101 ao seu paso pola parroquia do O Cadramón, en O Valadouro, tras terse producido un afundimento. O deputado José Manuel Yanes Ginzo agradece que o Goberno provincial remitise as máquinas para o seu arranxo e solicítalle que “que acometan estas obras coa maior urxencia posible” xa que os veciños vense illados por mor deste derrubamento.
Desculpas de Sonsoles López
O Grupo Provincial do PP agradece as desculpas que ao final do Pleno ten trasladado a deputada socialista Sonsoles López tras ter acusado aos populares de “agresores das mulleres”. “Lamentamos que a rectificación da deputada non se produciran de xeito inmediato, pero de igual modo estimamos que se teña producido e demandámoslle non se repita unha situación semellante que pouco di a favor dos responsables públicos que ostentan cargos nas institucións”, explica Candia.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



