Lugo, 23 de febreiro de 2016.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria premiará a 16 rapaces e rapazas que resultaron gañadores da fase provincial do certame de poesía Nadal 2015, convocado pola Biblioteca Nodal en colaboración con outras 23 bibliotecas públicas da provincia.
A entrega de premios celebrarase este mércores, día 24, ás seis da tarde no salón de actos da Biblioteca Nodal, e nese mesmo acto procederase á presentación do libro que recolle os traballos gañadores do pasado ano.
O certame premiou este ano a máis de 120 escolares na fase local, na que cada biblioteca recoñece os mellores traballos presentados e remíteos para competir na fase final que se dirime na biblioteca provincial de Lugo.
O xurado da fase provincial acordou outorgar os seguintes premios nas distintas categorías a concurso:
Categoría A (Ata 8 anos)
Candela Rodríguez Gandoy. 7 anos. Biblioteca de Foz
Darío López Sanjurjo. 6 anos. Biblioteca de Ribadeo
Diego Expósito Díaz. 7 anos. Biblioteca de Monforte.
Accésits:
Alán Rodríguez González. 8 años. Biblioteca de Sarria.
Raul Ferreirós López.8 años. Biblioteca de Outeiro de Rei.
Categoría B (9 a 11 anos)
Julia Rodríguez Menéndez. 11 anos. Biblioteca de Ribadeo
Antía López Bermúdez. 9 anos. Biblioteca de Xermade
Nuria Devesa Núñez. 11 anos. Biblioteca Provincial
Accésits:
Candela Lorenzo Blanco. 10 anos. Biblioteca de Xermade
Martín Vázquez Díaz. 11 anos. Biblioteca de Monterroso
Categoría C (12 a 16 anos)
Lucía Amaro Losada. 15 anos. Biblioteca de Monforte
Alicia Asensio Bande. 13 anos. Biblioteca de Ribadeo
Laura López Estéban. 16 anos. Biblioteca Provincial
Accésits:
Antía Lillo Irimia.12 anos. Biblioteca de Lourenzá
Daniel Pérez Vargas. 15 anos. Biblioteca de Ribadeo
Daniel Riesco Amurrio. 15 anos. Biblioteca Provincial
Os premios están dotados con estatuíña de Sargadelos, lote de publicacións e diploma. Os accesits, que se conceden pola calidade e cantidade dos traballos presentados, con lotes de publicacións e diploma.
O xurado da fase provincial estivo formado por María Carmen Gueimunde González, xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Marisol González Regal, directora da Biblioteca Provincial; Yolanda Gómez González, xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Delegación Territorial de Lugo, e Xulio Giz Ramil, xornalista, que actúa como secretario.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



