Burela, 24 de febreiro de 2016.- No Concello pechouse xa a inscrición para participar no taller de teatro para nen@s, que organiza a Delegación Municipal de Cultura. Eran 14 as prazas que se ofertaban e “debido á demanda existente decidimos que dous nenos máis se poidan incorporar a este obradoiro. Serán en total 16 @s meniñ@s, de 3 a 6 anos, que participarán na iniciativa”, explicou José Díaz.
O taller de teatro infantil desenvolverase todos os luns ata o 23 de maio desde o vindeiro 7 de marzo. Será impartido por Juan Villarino e por Matías Nicieza. “O obxectivo é que os pequenos estreen unha pequena obra coincidindo coas festas patronais de Burela”, engadiu o edil socialista.