Lugo, 24 de febreiro de 2016.- O voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, esixiu este mércores a Feijóo que “tome cartas no asunto ante as calumnias de Elena Candia sobre as obras da UNED que ata tumbou a Fiscalía”. Santos Ramos fixo estas declaracións en nome do Goberno Provincial da Deputación de Lugo tras coñecer o decreto no que a Fiscalía “tumba unha por unha todas as mentiras de Candia”, archivando deste xeito o caso.
“A propia Elena Candia debe dar moitas explicacións e pedir desculpas, pois a súas mentiras, das que era perfectamente coñecedora, non só supoñía un total desprestixio para a Deputación, senón que salpicaba, a maiores dos representantes políticos, ao Padroada da UNED, á universidade, aos técnicos de ambas as dúas institucións, aos traballadores que levaron a cabo as obras e, en xeral, a todos os lucenses, pois as súas calumnias podían supor a paralización destas actuacións, da construción na capital lucense da sede da UNED de referencia no noroeste de España, en detrimento dos veciños de toda a provincia. Non ten escrúpulo algún”, remarcou o voceiro.
“É non é a primeira, nin a segunda ou a terceira, que Candia xudicializa a vida política e administrativa, exclusivamente, en busca do seu beneficio persoal ou partidista, sen importarlle, en ningún caso, as consecuencias que isto pode conlevar para a provincia en xeral. Fíxoo recurrindo os orzamentos da Deputación, aínda que isto supuxese a súa paralización; denunciando obras como as do Marco de Álvare ás Rodrigas ou plans de emprego como o de Concellos da Rede Natura de menos de 5.000 habitantes. E temos o caso Gazeley, no que se posiciou en defensa dunha empresa de Dubai que quería recibir máis de 4 millóns de euros de todos os lucenses. En todos os casos, a xustiza dixo non a Candia. Feijóo, como máximo representante do Partido Popular, debería decirlle a Candia que con mentiras e sen escrúpulos e lealtade algunha cos veciños desta provincia, non se pode representar a unha formación política en ningunha institución”, subliñou.
Envío de documentación parcial e incompleta
Santos Ramos lembrou que “sendo Presidenta da Deputación e tendo toda a documentación sobre as obras da UNED a súa disposición, Candia decidiu enviar á Fiscalia información parcial e incompleta, así como escritos sen validez, que nin tan sequera estaban asinados”. Así o recolle o decreto da Fiscalía: “Por la denunciante se aportaba, en justificación de los hechos relatados, documentación extraída de los expedientes mencionados y dos escritos no firmados en los que se realizan unos análiseis de cada uno de los dos expendientes, encabezados por los títulos posible detectados y documentación que falta”.
“As 10 mentiras de Candia”
“A Fiscalía tumba unha por unha todas as falsas irregularidades que denunciou Candia, pois, realmente, como o demostra a xustiza, eran polo menos 10 mentiras de Elena Candia, desesperada porque aos poucos días ía a perder o sillón da Presidencia da Deputación de Lugo. Buscou e rebuscou, pero non atopou nada durante case 4 meses para desprestixir a este Goberno Provincial, tendo que recurrir á mentira”, salientou.
Tal e como se pode comprobar a partires da páxina 3 e canto menos ata a 7 do decreto que se adxunta, a Fiscalía desmente a Candia en cada unha das súas acusacións.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



