Mondoñedo, 24 de febreiro de 2016.- O Concello de Mondoñedo convoca dous concursos, un de relatos e outro de debuxos nos centros educativos da localidade (CEIP Álvaro Cunqueiro e IES San Rosendo), con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
A iniciativa está organizada polas concellerías de Asuntos Sociais (a través do CIM) e pola de Educación. O prazo para recibir os traballos remata o próximo 4 de marzo e a entrega de premios será o 18 de marzo no salón de plenos do Concello de Mondoñedo, onde terá lugar tamén unha charla sobre a muller na historia.
A edil de Servizos Sociais, Ángeles Rodríguez, explica que esta convocatoria permitirá “realzar a figura da muller, algo básico para erradicar as desigualdades existentes e por iso dende o Concello de Mondoñedo queremos poñer en valor o día da muller con distintos actos ao longo do mes”. Así, dende o Centro de Información a Muller tamén se programaron varias charlas, unha sobre ‘As orixes do 8 de marzo. O feminismo’, que terá lugar no CEIP Álvaro Cunqueiro o 9 de marzo, dirixida aos alumnos de sexto de primaria. Mentres que se celebrará outra charla sobre ‘Corresponsabilidade’ tamén no colexio público da localidade, o mesmo 9 de marzo, neste caso para os alumnos de quinto de primaria.
Pola súa banda, o edil de Educación, Alberto García, indica que “é importante concienciar dende a infancia que a igualdade é algo moi serio, para evitar que nun futuro se converta nun problema lamentable. Non debemos relaxar nunca a educación dende a tolerancia e o respecto. Educar en igualdade é básico para acabar coa violencia de xénero”.
Concurso de debuxo infantil
No concurso de debuxo infantil, baixo o nome de ‘Debuxando en Igualdade’, poderán participar todos os nenos e nenas matriculados nos centros educativos de Mondoñedo nos cursos de primeiro a sexto de Primaria, establecéndose varias categorías. Unha categoría A, para o alumnado de primeiro e segundo de Primaria, unha categoría B, para o alumnado de terceiro e cuarto de Primaria e unha C, para o alumnado de quinto e sexto de Primaria.
O traballo consistirá nun debuxo en soporte de cartulina de tamaño mínimo DIN-A4 e máximo DIN-A3 sobre a igualdade entre mulleres e homes en calquera dos ámbitos da vida (familiar, social, laboral…).
Haberá dous premiados por cada categoría e recibirán lotes de libros e material escolar.
Concurso de relatos curtos
No concurso de relatos curtos, baixo o nome ‘Letras para a Igualdade’, poderán participar todos os rapaces e rapazas matriculados nos centros educativos de Mondoñedo nos cursos de primeiro a cuarto de Educación Secundaria Obrigatoria e primeiro e segundo de Bacharelato, establecéndose tres categorías. Unha categoría A para o alumnado de primeiro e segundo da ESO, unha categoría B para o alumnado de terceiro e cuarto da ESO e unha C para o alumnado de primeiro e segundo de Bacharelato.
O traballo consistirá nun relato curto, manuscrito, de extensión máxima de cinco follas tamaño DIN-A4, por unha soa cara, sen ilustracións. A temática será a igualdade entre mulleres e homes en calquera dos ámbitos da vida (familiar, social, laboral…).
Haberá dous premiados por cada categoría e os premios consistirán en lotes de libros e material escolar.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



