Foz, 29 de febreiro de 2016.- Dado que son moitos veciños os que se queixan do mal olor e da sucidade dos colectores do lixo, así nolo fixo chegar, entre outros, veciños de Cangas. O grupo municipal presentou unha moción referente a limpeza e mantemento de colectores. A resposta do Alcalde é :”…que se limpan. E que en Cangas se limpan de noite.” O certo é que os veciños non saben diso pois cando van botar o lixo nin se poden acercar os colectores debido o mal olor que desprenden . Facendo o que pide o PSOE , un plan de limpeza, sería posible saber cando se limpan, en que lugares e rúas e facer un seguimento do mesmo. Mellor para o Concello, mellor para os veciños.
O grupo municipal socialista fixo unha pregunta ó Sr. Alcalde sobre o tratamento que, desde a administración que el preside, o Concello de Foz se vai a facer co escrito presentado por veciños de Foz, acompañado de máis de 500 firmas. Escrito onde se pide transmitir a queixa sobre a ubicación da nova gasolineira de Foz ante a Xunta de Galicia ou ante as institucións pertinentes. A contestación do Sr. Alcalde nos parece de todo improcedente, é unha falta de respecto. Afirmacións como “os veciños pola súa conta deben ir o contencioso administrativo” , “ o concello está convencido que o fai ben” ou “todos os informes son favorables” non mostran para nada a actitude que debe ter un alcalde para con nos, os veciños. Un alcalde debe velar polos intereses xerais dos veciños, e por iso debería ter presentado alegacións e/ou observacións en canto a súa ubicación cando lle foron requeridas pola Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente. E posto que no seu momento non o fixo, como era o seu deber, tería que dar curso á petición dos veciños e non deixar a súa petición nun caixón como parece ser é a súa intención.
Debido os últimos roubos acaecidos en Foz, vémonos na obriga de recordar ó Sr. Alcalde que no pleno de xaneiro o grupo municipal socialista rogou se convocase a xunta de seguridade, a contestación do Sr. Alcalde foi que se poñería en contacto co delegado do goberno, aínda estamos esperando a súa resposta.




















Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



