Foz, 1 de marzo de 2016.- O grupo municipal socialista de Foz, despois de ler as informacións, en distintos medios de comunicación é confirmadas por parte do Sr. Alcalde, da celebración do festival “Why Not Here Fest 2016” no Concello de Foz, consideramos necesario coñecer o contrato firmado ca organizadora “Le Fleur Producións”.
Dende as informacións que nos chegan dende o Concello de Burela, as condicións que presenta dito contrato fan que o Concello de Foz deba asumir por exemplo a organización da seguridade, os plans de evacuacións, ou a responsabilidade civil. O concello de Burela considera, acertadamente ó igual que o afirmamos nos, que é responsabilidade da empresa organizadora todos esas cuestións, importantes e esixibles, para a realización deste tipo de eventos.
Tampouco nos dan moita confianza as frases do comunicado da empresa asegurando que rexeitan a idea de facelo en Burela porque “lamentablemente os recursos e situación do consistorio non foron suficientes para cubrir as demandas de loxística e produción”.
Esiximos nos expliquen a todos os veciños de Foz, porque este equipo de goberno do PP liderado polo Sr. Alcalde presentou unha alegación contra a rebaixa do IBI (catastro) a todos nos por poñer en resgo o orzamento do Concello, pero temos recursos e situación para cubrir demandas organizativas que, a todas luces, debería cubrir a empresa organizadora.
O PSdG-PSOE de Foz loita por facer do noso pobo un referente turístico, apostando e axudando ás iniciativas que nos axuden a tal fin. Un turismo de calidade 365 días do ano.
Por todo o exposto, o grupo municipal socialista ven de presentar no Concello unha solicitude de información do contrato firmado polo Concello e a empresa organizadora do festival.