Lugo, 3 de marzo de 2016.- Un total de 365 veciños e veciñas de Bogo, na Pontenova, recibirán o próximo martes, día 8, os títulos de propiedade das fincas resultantes do proceso de concentración parcelaria.
A Consellería do Medio Rural culmina así un proceso no que investiu máis de 3,2 millóns de euros en diversas actuacións, entre as que figura a creación dunha rede de camiños de 64 quilómetros de extensión.
A concentración parcelaria posibilitou a reorganización de 2.088 hectáreas de superficie, nas que había 9.784 parcelas que quedaron reducidas a 1.245 fincas, pasándose deste modo dunha superficie media inicial de 2.114 metros cadrados por parcela a unha superficie media de 16.771 metros cadrados.
En consecuencia, viuse tamén reducido o número de fincas por titular, sendo agora a media de 3,41 fronte ás 27,95 parcelas anteriores ao proceso. O principal uso destes terreos é o aproveitamento forestal, aínda que tamén hai terras dedicadas a labradío e prado.
Ao respecto, a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, destacou que “tras esta última agrupación parcelaria A Pontenova ten resolta a concentración no 80% da superficie total do concello”.
A delegada subliñou que a Consellería do Medio Rural está a axilizar os procedementos de concentración abertos, “que posibilitan un incremento da produción agraria e unha mellor ordenación da terra en función dos usos”, xunto cunha aposta polas figuras de reestruturación parcelaria que incorpora a nova Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.
Neste sentido, indicou que estes procesos “incrementan a rendibilidade económica e social, revalorizan as fincas concentradas, facilitan o acceso aos seus propietarios e serven de impulso para a implantación de novas explotacións e proxectos de carácter empresarial no ámbito rural”.
A entrega de títulos en Bogo realizarase na escola de Vilarxubín a partir das 09.30 horas da mañá. Os beneficiarios deben identificarse co seu Documento Nacional de Identidade ou enviar en representación súa a persoas autorizadas que presenten a pertinente autorización e copia do DNI do titular representado. No caso de propietarios que faleceran, poderán recoller os títulos os seus herdeiros, presentando documentación acreditativa de tal circunstancia.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



