Burela, 3 de marzo de 2016.- O PSOE de Burela con Alfredo Llano xa acadou o fito de poñer a Burela como referente na Comarca. A mágoa é que non é nada bo: SOMOS OS CAMPIÓNS DO PARO. Dende CxG vimos anunciando e denunciando que no ámbito de políticas activas de emprego o Concello de Burela non estaba tendo altura de miras. O que non sabiamos dende CxG é que o noso Alcalde loitase por este galardón. O 33,33% dos parados da Costa de Lugo son veciños de Burela, xa ninguén recorda os vídeos da campaña onde este señor se enchía a falar de emprego… este é o seu logro na materia.
O certo é que nada pasa porque si, os veciños deben saber que as actuacións do PSOE poñen a Burela en situación complicada para atraer investimento e emprego:
– Non temos orzamento, non se poden planear investimentos.
– Nin un só paso cara o chan industrial.
– Non existe ningún plan de fomento e contacto empresarial.
– O equipo de goberno esqueceuse das promesas de ECESA.
– O plan de emprego non existe e non solucionará nada.
Burela pode e ten que ser un referente na Mariña por méritos e por potencial, non podemos ser o nº 1 soamente no malo: Desempregados, creación de emprego, non temos polígono, non temos piscina, temos a auga máis cara … nisto CxG non quere ser referente.
Un consello, Sr. Llano: Déixese de anuncios na prensa e traballe para reverter esta triste situación.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



