Santiago, 3 de marzo de 2016.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este xoves, na rolda de prensa do Consello, unha achega de 22 millóns de euros en 2016, o maior investimento nos últimos sete anos, para impulsar a concentración parcelaria. “Seguimos avanzando e, aproveitando a mellora da situación económica, hoxe aprobamos que en 2016 se faga o maior investimento dos últimos sete anos para impulsar a concentración parcelaria: 22 millóns de euros. Multiplicamos por tres o investimento dedicado a concentración parcelaria e pasamos dunha media de oito millóns anuais a 22 millóns en 2016”, dixo.
Nun primeiro termo, Feijóo asegurou que con este investimento remataranse as 137 zonas activas e empezarase a traballar nas zonas prioritarias agro-grandeiras. “E os criterios de priorización –precisou- son as zonas con importancia hortícola, vinícola e forestal”.
Así mesmo, explicou que as 137 zonas supón actuar en preto de 120.000 hectáreas, en case un millón de parcelas e beneficiar a 100.000 propietarios.
Logo de precisar que dentro de catro anos estarán finalizadas administrativamente practicamente todas as concentracións parcelarias que se iniciaron en Galicia, o responsable do Goberno galego salientou que a orde de prioridade para decidir as actuacións será a seguinte: aquelas que favorezan o final de procesos de reestruturación parcelaria que estaban a piques da súa finalización definitiva; as que propicien o avance dos procesos de reestruturación que teñan unha incidencia económica importante; e os traballos previos ao decreto de utilidade pública de novas zonas de reestruturación parcelaria.
Feijóo lembrou que o proceso de concentración e ordenación da estrutura agrícola ten cinco obxectivos principais: “Mellorar a rendibilidade da actividade produtiva; facilitar que os predios abandonados ou que non formen parte de explotacións poidan mobilizarse para uso agrario; minimizar os efectos que poidan ter as grandes obras públicas ou explotacións de coutos mineiros; potenciar a conservación das zonas de maior interese ambiental; e reducir as emisións que se derivan dos longos desprazamentos polas explotacións dispersas”.
Actuacións por provincias
Na selección de zonas con que traballar tivéronse en conta aquelas actuacións que favorezan a finalización de procesos de reestruturación parcelaria xa en marcha, valorando cuestións económicas, e se teñen ou non camiños feitos, entre outras.
Así, vaise traballar en 51 zonas da provincia da Coruña, que afectan unha superficie de 52.333 hectáreas; 16 zonas de Lugo, nunhas 23.119 ha; 32 zonas en Ourense, que supoñen unha afección de 23.119 ha; e 38 zonas abertas na provincia de Pontevedra, que supoñen unhas 30.912 ha. Deste xeito, vaise actuar nun total de 920.899 parcelas pertencentes a 100.155 propietarios.
Con esta planificación, e cun prazo estimado de catro anos, o 80% das zonas vivas de Galicia estarían administrativamente finalizadas, é dicir, chegarían á firmeza do acordo
cando menos. Por provincias, A Coruña sería a máis avanzada co 92% finalizado, seguida de Lugo co 87,5%, Ourense co 84% e Pontevedra co 60%.
Balance
Desde que comezou a concentración parcelaria en Galicia actuouse sobre 1.025 zonas de reestruturación parcelaria, das que o 76,68% están xa rematadas, o 9,95% paradas e quedan o 13,36% aínda activas. A superficie afectada por esas 1.025 zonas é de 543.766 hectáreas e afecta 428.674 propietarios e 4.110.559 parcelas.
A reestruturación parcelaria é fundamental para a engalaxe socioeconómica do agro galego, posto que permite o redimensionamento das explotacións agrarias, facéndoas máis rendibles e abaratando os custos de produción, á vez que se incrementa a súa sustentabilidade e competitividade no mercado.



















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



