Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2016.- A Mesa pola Normalización Lingüística manifestou a súa repulsa á sentenza ideolóxica do TSXG feita publica este venres contra a ordenanza de normalización lingüística de Lugo que, lembraron, foi aprobada por unanimidade polo pleno da corporación.
O TSXG pretende ilegalizar unha posición social maioritaria no conxunto do pobo galego, a de que a lingua propia de Galiza é o galego, que é o noso principal elemento de identidade colectiva, e que se atopa nunha absoluta situación de desprotección, aínda cunha lexislación que non mellor dos casos non se aplica e se vulnera constantemente.
“Con esta sentenza o TSXG renega de ser de Xustiza e de ser de Galiza”. Que xustiza hai nunha sentenza que pretende manter a exclusión histórica do galego, perpetuar a súa invisibilización e mantela inaudíbel na administración local? Pode ser de Galiza un tribunal que despreza así o maior sinal de identidade de Galiza? Preguntouse o Presidente da Mesa. “A maioría das galegas e galegos, falantes ou non de galego, queren a súa lingua e queren que a administración actúe para repola e rehabilitala, como pretendía facer minimamente o Concello de Lugo a través da ordenanza”, e lembrou que “foi aprobada por unanimidade en correspondencia coa posición manifestada por todas as forzas políticas ao aprobaren o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, ratificado en xullo na Declaración de Unidade promovida pola Mesa”. A Mesa lamentou que os tribunais que debían impartir xustiza, actúen como a inquisición contra acordos amplos tomados en común por representantes públicos e organizacións sociais.
O TSXG vén sentenzar que hai liberdade para a administración municipal utilizar o galego sempre que se manteña como lingua secundaria e que non se pretenda un mínimo estatus de igualdade. “Esa é a visión que teñen de Galiza e do galego”, indicou Maceira.
A Mesa anunciará accións contra esta sentenza nos próximos días e animou á sociedade galega a mobilizarse e manifestar o seu rexeitamento a unha aldraxe contra a dignidade do conxunto do pobo galego.
Da entidade en defensa da lingua animaron á corporación de Lugo a manter a firmeza na causa do galego, que é de Galiza enteira, e manifestaron os seus parabéns ao concello pola decisión de defender a postura acordada unanimemente.




















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



