Compostela, 4 de marzo de 2016.- O vindeiro día 18 de marzo comezará de novo o recorte horario dos helicópteros do 061, porque a partir dese dia, as horas de luz pasan de 12, que son ás que teñen cinxida a súa operatividade. A CIG-Saúde denuncia, máis unha vez, que isto está a limitar a súa dispoñibilidade para atender urxencias e demanda que se garantan todos os medios ao alcance para estes casos, no canto de despilfarrar os cartos en edificios como o da nova sede do propio 061 e do 112, na Estrada.
A CIG-Saúde subliña que os custos de garantir a operatividade dos helicópteros do 061 todas as horas de día serían ridículos, o soldo dun piloto e dun copiloto. Mentres que é inxente o gasto que supuxo a construción do edificio da Estrada e o que ocasionará o traslado dos operativos e do propio persoal do 061 e do 112 a esa nova sede.
Lembra que o servizo ten máis de 25 anos e denuncia que foi cando se traspasou ao 061 cando se reduciu o horario operativo, xa que até ese momento estaba dispoñíbel de orto a ocaso, isto é, todas as horas de luz.
A CIG-Saúde salienta ademais que as comunidades autónomas que usan o sistema das 12 horas, que logo implantou en Galiza o 061, teñen cando menos 3 helicópteros, así que os que quedan operativos cobren o que pecha. Neste sentido, aseguran que se aquí se puxera o terceiro do que tantas veces se falou, na zona de Lugo (pensouse en Vilalba), podería ser factíbel ese horario deslizante, “pero con un en Santiago e outro en Ourense que ninguén diga que a costa da Morte está cuberta despois de que pecha Santiago”.
A CIG-Saúde chama tamén a atención sobre o feito de que estes horarios afectan principalmente ao período estival, cando hai máis afluencia ás praias e cando o tráfico desde a costa cara o interior é máis intenso. “Cremos que non contar con ese medio é unha vergonza”, din.




















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



